O premio Xornalístico Reimóndez Portela lidera a xornada no recinto feiral estradense

29_feria_internacional_del_mueble_de_galicia• Onte, coincidindo co peche do recinto feiral ao público, sorteábase o

terceiro vale de compra por importe de cincocentos euros.

• Pola tarde, a partires das sete, realizaráse a entrega do XX Premio

Xornalístico Manuel Reimóndez Portela.

• Ramón Vilar Landeira, foi o flamante gañador da presente edición,por unha serie de tres artigos, publicados en La Voz de Galicia.

Na noite de onte, coincidindo co peche do recinto feiral ao público, tiña lugar o sorteo do terceiro vale de compra por importe de cincocentos euros, patrocinado póla Asociación de Fabricantes e Comerciantes do Moble da Estrada. Este terceiro vale, foi a parar a Santiago de Compostela e o afortunado gañador foi, José García Rendo. A Asociación, ten ainda pendente de realizar o último sorteo doutro vale por igual importe e que se celebrará o vindeiro domingo.

O “Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela”, copará esta xornada vespertina. No devandito acto, procederáse á proclamación oficial do gañador da presente edición, Ramón Vilar Landeira que se alzou co galardón da presente edición, por unha serie de tres artigos presentados a concurso e de temática variada, publicados na sección “Fora de Cobertura” do xornal La Voz de Galicia (Edición de Carballo).

Este acto, como ven sendo habitual, constará de dúas partes diferenciadas. A primeira, no patio central exterior do recinto feiral, na cal terá lugar unha semblanza da figura de Manuel Reimóndez Portela. Esta intervención correrá a cargo de María del Carmen García Torres, quen a su vez, será a encargada

de realizar unha ofrenda floral ante o monolito que perpetúa, a memoria de Reimóndez Portela. María del Carmen García Torres, é na actualidade funcionaria do corpo administrativo da Xunta de Galicia, vencellada á Xefatura de Sección de xestión económica en Turismo de Galicia, ente adscrito á Xunta de Galicia.

A segunda parte do acto, desenvólvese no salón de actos do pavillón catro, na que se fará a proclamación oficial do gañador e onde intervirá o mantedor do acto que nesta ocasión, será Miguel Angel Ríos Fernández, Presidente da Real Academia de Ciencias de Galicia, especialista en química cuántica, sendo o introductor da investigación en química cuántica e computacional na comunidade autónoma de Galicia. Miguel Angel Ríos Fernández, é autor de mais dun centenar de publicacións científicas referentes a súa especialización en química teórica e computacional.

Está previsto que asistan ao acto varias autoridade s dentre as cales podemos mencionar a: José López Campos, rexedor local, Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística, Digna Rivas, Deputada Provincial, Juan Manuel Constenla Carbón, Concelleiro de Cultura, membros da corporación municipal, integrantes do Comité de Seguimiento do devandito premio, familiares e amigos do doutor Reimóndez Portela e demáis persoeiros do panorama sociocultural do momento.

Coa xornada de hoxe, danse por concluídos os actos de carácter cultural, lúdico, técnico e informativo, reservándose os organizadores para o prato forte que supón a fin de semana. Para os dous últimos días de feira, agárdase unha importante afluencia de visitantes, ao igual que sucedeu a primeira fin de semana.

Fundación de Exposición e Congresos

Esta entrada fue publicada en Feiras, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta