Tequexetéldere retoma un ano máis as clases de baile nos centros educativos da vila

FormatFactory20151002_103126O grupo de música e baile tradicional Tequexetéldere xunto co Concello da Estrada poñen, outro ano máis, en marcha a iniciativa de dar clases de baile tradicional nos colexios da Estrada.

Xa se levamos tres anos dando clases nos IES da Estrada, e este ano ampliamos este proxecto aos CEIPs Pérez Vióndi e Figueiroa.

Durante o mes de outubro nas clases de educación física os/as nenos/as destos dous centros da Estrada coñecerán o baile tradicional galego.

Con este proxecto de baile tradicional galego o que se pretende non so é que os rapaces e rapazas dos coles da Estrada, coñezan a cultura tradicional galega senón tamén a importancia que ten dentro da súa evolución tanto a nivel psicomotor como a nivel psicoevolutivo.

FormatFactory20151002_113757O enfoque que se pretende dar a este traballo e didáctico e pedagóxico.

*2. Metodoloxía.*

A metodoloxía que utilizaremos, e partir sempre dos coñecementos previos que ten o alumnado para que todo aquelo que se vai ensinando teña un sentido e unha comprensión por parte do alumnado.

Coa aprendizaxe do baile tradicional o que fomentamos no alumnado é:

–   Coñecemento corporal.
–   Equilibrio.
–   Lateralidade.
–   Segmentación corporal.
–   Coordinación e control postural
–   Automatización de movementos.
–   Coordinación oculo-espacial.
–   Espacio auditivo.
–   Creatividade.

FormatFactory20151002_112508Todo isto conseguirase a través dunha serie de pasos-estructuras ( un,dous, tres sen cruzar os pés, picados por diante e detrás, adiante-atrás……) que iremos traballando ao longo dos talleres.

O fin último é que o alumnado aprenda a crear os seus propios puntos e entenda o que está a facer co seu corpo.

Temos que partir da base que o baile tradicional galego é un baile que se baila en parella e en grupo polo tanto tamén se vai traballar o compañerismo, o respecto, a solidariedade, a convivencia… digamos que van ter que estar perfectamente compenetrados para poder facer os bailes e que uns dependen de outros para levalos a cabo.

*2. Obxectivos a traballar*

–   Coñecer o seu propio corpo.
–   Escoitar o ritmo.
–   Afianzar e traballar o equilibrio, automatización de movementos,
creatividade.
–   Traballar a lateralidade, equilibrio, control e coordinación corporal e
oculo-espacial, espacio auditivo.
–   Aprender a manexar os movementos dos pes.
–   Comprender os movementos que se realizan.
–   Coñecer e investigar sobre a cultura popular galega

FormatFactory20151002_103132*3. Contidos.*

– Aprendemos un, dous, tres, sen cruzar e cruzado.( picado por diante e por detrás)

– Aprendemos salto, abaixo, arriba sen cruzar e cruzado por diante e atrás (adiante-atrás)

– Facemos os movementos cos brazos arriba.

– Bailamos en grupo.

– Aprendemos as diferentes estructuras dos bailes (fila, roda, fila movida nos espacio, peche de rodas, apertura de rodas)

– Creamos os nosos propios puntos, e baile.

– Coñecemos a cultura popular galega.

*4. Temporalización.*

As sesións constarán aproximadamente dunha hora, que se desenvolverán ao longo de dous meses.

Esta entrada fue publicada en Cultura, Música, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta