A presidenta da Deputación reuníuse co alcalde para coñecer as necesidades do concello

image3mFai uns días a nova Presidenta da Deputación de Pontevedra, a socialista Carmela Silva, visitou o noso concello para coñecer de primeira man as necesidades máis urxentes que lle trasladou o rexedor, José López.

Silva trasladou ao alcalde o seu compromiso de dar a Estrada a relevancia que lle corresponde pola categoría do concello.

O alcalde solicitou a presidenta o arranxo de varios viais, buscar unha solución para a mellora da recollida do lixo, apoio para o viveiro de empresas, becas para rapaces sen experiencia laboral e axudas para asociacións, entre outras actuacións.

image4m

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta