O secretario xeral do Medio Rural ratificou o apoio da súa consellería á asociación ADIVUPAR

image2mO secretario xeral do Medio Rural, Tomás Fernández Couto, mantivo a pasada semana unha reunión cos productores de oliveiras do proxecto CERNES da asociación ADIVUPAR, na que explicou as labores de seguimento que se están a realizar por parte da consellería para o peche de este proxecto, na que asegurou que a pesar de que este finalice aquí, a consellería seguirá prestando o apoio necesario para poder facer que esta «semente» teña continuidade ata acadar unhas superficies de producción que resulten interesantes e rendibles economicamente, para elo puxo como exemplo ás sociedades de fomento forestal (SOFOR), nas que varios propietarios particulares colindantes se unen para acadar superficies que abaraten os custos e aumenten os rendimentos, recoñeceo que ao ser o CERNES un proxecto piloto, e ter apostado por algún cultivo que non é tan habitual nalgunhas zonas de Galicia, como pode ser a oliveira, pode levar a que se cometan algúns erros, pero o importante é tratar de sacar proxectos productivos adiante, e coa boa disposición por parte de todos pódese acadar, é por iso que no seu día pideu a ADIVUPAR o compromiso de aumentar a superficie subvencionada a través do proxecto CERNES nun 30% con inversión privada image1mdos socios beneficiarios, compromiso que esta asociación cumpliu, acadando así ata o momento unha superficie de 20,6671 Ha. dentro da asociación.

Dende ADIVUPAR, teñen coñecemento de que nestes momentos a superficie de plantación de oliveiras en Galicia está a medrar considerablemente a través de diferentes iniciativas, o que consideran moi favorable para todos, xa que iso facilitaría un mellor coñecemento da resposta destas plantacións en diferentes zonas, así como o compartir ou intercambiar asesoramento e información.

Esta entrada fue publicada en Agrogandeiros, Asociacións, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta