Este domingo o recinto feiral acollerá unha nova edición de Lume na Lareira

Lume lareira 2015Ás 19:00 horas de este domingo 15 de novembro o pavillón número 3 da Fundación de Exposicións e Congresos acollerá unha nova edición do festival Lume na Lareira.

Nesta VIII Edición o cartel estará formado por A Requinta da Laxeira, Airiños de Gonzar, Xirandela, os acordeonistas Alfonso Dávila, José Manuel Gañete e Os Felipes, as cantareiras Maianas, Gonzalo Válcarcer e Juan Ruibal e a agrupación local Lume na Lareira.

As entradas serán a 5€ e atópanse a venda na cafetería Alameda e no Mesón A Vila. Reservaranse 50 localidades para vender na entrada o propio día antes do comezo do festival.

Tamén contarán cun polveiro do Carballiño a partir das 16:30 horas, Polvería Oito, que gañou o primeiro premio de Polveiros no San Froilán 2015.

Esta entrada fue publicada en Música, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta