Ouzande terá hoxe a primeira charla de "Horta Natural"

AhortaNatural webHoxe venres 20 de novembro ás 20:30 h. a Fervenza de Ouzande organiza unha charla sobre *PROTECCIÓN NATURAL DE CULTIVOS*.

Charla coloquio con Alicia Rey, xerente da firma estradense Biosolutio (Praza da Feira) e especialista e trataamentos naturais con produtos biosanitarios.

Nesta horta falaranos de agricultura natural e o emprego de produtos biosanitarios nos nosos cultivos. Tamén aprenderemos como substituír o uso de produtos químicos, prexudiciais para a saúde, por métodos naturais.

*Esta actividade é gratuíta e non precisa inscrición. *

Esta entrada fue publicada en Agrogandeiros, Asociacións, Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta