Degustacións e obradoiro infantil este sábado no Novo Mercado

06Menús para o fin de semana con Pilar Porto, cociñeira de La Bombilla, degustación e obradoiro infantil de repostería creativa e cupcakes a cabo de Pablo Rivadulla da Casa do Pan serán as dúas actividades do programa de outono no Novo Mercado de A Estrada para este sábado 28 de novembro. 

Dando continuidade ao programa de actividades de outono no Novo Mercado estradense, comezará ás 10,30 h Merco e Cociño con Pilar Porto, cociñeira do restaurante La Bombilla, no que os asistentes poderán acompañala polo mercado na compra de produtos que ela despois cociñará. O menú nesta ocasión será arroz con verduras e solombo de porco con salsa de mazá. Tras a preparación haberá degustación dos pratos para todos os participantes.

Simultáneamente, os máis pequenos da casa poderán participar no Obradoiro Infantil de repostería creativa  e cupcakes a cargo de Pablo Rivadulla da Casa do Pan. Os pequenos cociñeiros aprenderán técnicas para decorar os cupcakes e crear os seus propios doces.

Xa están ocupadas todas as prazas do obradoiro infantil pero aínda está aberta a inscrición para participar no Merco e Cociño.

Lembramos que estas actividades que están tendo boa acollida, están deseñadas dende as concellerías de Promoción Económica e Desenvolvemento Rural e Actividade Agrogandeira coa finalidade de dinamizar a praza estradense.

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Empresas e Comercio, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta