A Estrada Activa procura a inserción laboral e o fomento de emprego

Programa integrado para o emprego

Programa integrado para o emprego alumnosO Proxecto Integrado A Estrada Activa subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado pola Fundación Cultural da Estrada nace coa intención de converterse nun referente no tratamento integrado da inserción laboral e o fomento do emprego do noso concello, abranguendo actividades de información, orientación e asesoramento, formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas,técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea,habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista, fomento da capacidade emprendedora, prospección empresarial, emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes, formación específica para o emprego, prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, de ser o caso, co contido teórico-práctico das accións formativas e mobilidade laboral.

Programa integrado para o emprego alumnos 2O programa integrado desenvolvese, dentro dun plan de emprego dirixido pola Fundación que leva parexas diferentes actividades formativas para desempregados e emprendedores, de xeito que o desenvolvemento do emprego non quede soamente como unha iniciativa puntual, senón que exerza unha función verdadeiramente dinamizadora e continuada no tempo.

Aposta pola inserción laboral acompañando os desempregados nun itinerario formativo que permita armalos con todas as ferramentas dispoñibles no mercado actual.

Axuda a toda persoa, portadora dunha idea de negocio, a desenvolver e levar a cabo o seu proxecto na nosa comarca través de diferentes xornadas especificas para eles.

Programa integrado para o emprego alumnos 3emprendedor pode atoparse con numerosas dúbidas ou temas ás que se enfronta por primeira vez durante o proceso de creación e posta en marcha dun proxecto empresarial.

A situación de partida de cada emprendedor é tamén diferente, e pode ir dende un punto inicial no que se dispón da motivación para crear a empresa, ou xa se está a buscar a idea empresarial ou se quere realizar un plan de negocio para determinar a viabilidade técnica, comercial, económica e financeira da mesma.  Facilitar que este percorrido dende a idea ao proxecto empresarial, se realice coa maior garantía de éxito, a través da capacitación dos emprendedores, o asesoramento e o acceso a información do seu interese.

O número de participantes do programa integrado é de 60 persoas que tiñan que estar inscritas como demandantes de emprego e foron seleccionadas a través do servizo galego de colocación, do servizo municipal de Servizos Sociais e do Centro de Información a Muller do Concello da Estrada.

Programa integrado para o emprego alumnos 4Dende o remate da primeira fase de selección de participantes que finalizou o 29 de setembro do 2015 comezamos coa fase de formación e de intermediación laboral.

En canto a formación realizamos a seguintes acións colectivas:

Información e asesoramento do Plan Integrado:  Presentación das accións a realizar durante este ano 2015 e entrega do material necesario para asistir a formación e planificar a procura de emprego. Neste senso entregamos carpeta, folios, bolígrafos, lápiz con goma e axenda 2015-2016.

Formación en Orientación Laboral: Diagnóstico ocupacional. Currículo e carta de presentación. Esta formación é imprescindible ao inicio da procura activa de emprego para que cada persoa se defina profesionalmente elixindo un ou varios perfís profesionais, é dicir, saber de que vou a procurar traballo. Unha vez temos definidos o/os perfís profesionais comezamos coa realización de currículos específicos para cada posto de traballo e a realización de cartas de presentación. A metodoloxía que utilizamos para realizar esta formación e moi dinámica e participativa basada en técnicas de coaching grupal e individual.

Curso básico en Prevención de Riscos Laborais. (60h). O obxectivo desta formación é capacitar as persoas asistentes para o desempeño das funcións no nivel básico de prevención de riscos laborais que e Lei esixe a todalas empresas coñecendo os dereitos e os deberes dos traballadores e empresarios en materia preventiva, asi como a regulamentación básica aplicable nos respectivos postos de traballo.

Programa integrado para o emprego alumnos 5Emprender baixo a fórmula cooperativa. Programáronse tres xornadas de cooperativismo dirixidas aos sectores de  agrícultura, limpeza e coidado de persoas que se realizaron os días 18, 20 e 24 de novembro de 2015­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­.  O obxectivo é coñecer a fórmula cooperativa , amosar as particularidades, caracteristicas e vantaxes  deste modelo empresarial cos seguintes contidos: modelo cooperativo: caracteristicas, recursos e ferramentas para por en marcha unha cooperativa, axudas económicas e subvencións, tipos de cooperativas, como xestionar unha cooperativa de maneira eficiente.

Alfabetización informática e teleformación.  A formación realizouse do 19 ao 23 de outubro. O obxectivo é  acadar unha formación suficiente para desenvolverse coas TIC en calquera ámbito profesional dun xeito autónomo e multidisciplinar. 

–      Curso práctico de xestión laboral e contratación, contabilidade e práctica contable co sofware  e .

Programa integrado para o emprego alumnos 6Once dos 60 usuarios cos que traballamos teñen como obxectivo profesional traballar como administrativ@. O principal obstáculo co que se atopan é que están desactualizados en contabilidade, fiscalidade ou contratos é nóminas; para solvéntalo estamos a realizar talleres de 30 horas cun software de xestión moi solicitado nas ofertas de emprego A3 Asesor.

En breve recibirán formación de cómo utilizar unha ERP, sistemas de planificación de recursos empresariais  que son sistemas de información xerenciais que integran e manexan moitos negocios asociados coas operación de produción e dos aspectos de distribución  dunha compañía na produción de bens e servizos.

-INGLÉS.  O programa comeza a formación en idiomas no mes de outubro con cinco grupos, dous de nivel básico nos que contamos que ao remate do Plan Integrado de Emprego os alumnos poidan presentarse as probas para acadar o B1, un de nivel avanzado que prepara para poder pasar as probas do nivel B2, e dous grupos de inglés para administrativ@s, un de nivel básico e outro de nivel avanzado. As clases realizanse todos os sábados de nove da maná ata a unha e media na aula Cemit da Fundación Cultural.

Manipulador de alimentos, carne imprencindible e obrigatorio para traballar en calquer sector de alimentación, polo que se impartiu a vinte un participantes do Programa Integrado o xoves 19  de novembro na aula multimedia da Fundación Cultural.

Programa integrado para o emprego alumnos 7Máster de dinamización e atención sociosanitaria en institucións xeriatricas, curso en modalidade on line para tres persoas do Plan integrado que xa teñen a titulación de Atención sociosanitaria e esta formación é complementaria para mellorar o seu currículo.

Aparte das acción colectivas tamén se levaron a cabo varias accións individuais con todolos participantes encamiñadas á elaboración dun currículo vitae que é a primeira ferramenta indispensable para presentar a unha oferta de traballo ou a unha empresa, practicaronse entrevistas de traballo e xestionaronse varias ofertas de emprego tanto on line como de maneira presencial.

Outra parte fundamental que se está facendo dende o Programa Integrado A Estrada Activa  é a intermediación laboral con 65 empresas que levamos visitado tanto do noso Concello como de Concellos limítrofes de diferentes sectores como pescadería, panadería, supermercados, carpinterías de aluminio, carpinterías de mobles, comercios, seguros, peluquerías, farmacias… para ver as posibles ofertas de emprego así como a posibilidade de realizar prácticas non laborais e non remuneradas co obxectivo  de que os participantes adquiran unha experiencia máis para o seu currículo e teñan a posibilidade real de traballar nunha empresa relacionada co seu fin profesional.

Con todo isto feito ata o momento levamos 8 persoas insertadas no mercado laboral nos seguintes sectores:

–      Panadería

–      Peluquería

–      Comercio de roupa

–      Restaurante

–      Empresa de electricidade

–      Pescadería

–      Soldador

–      Centro de ocio infantil

E 6 persoas que están no período de prácticas en empresas nos seguintes sectores:

–      Informática.

–      Panadería.

–      Pizzería.

–      Construcción : Pintura.

–      Supermercado.

–      Mecánica.

Fundación Cultural de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Emprego e Formación, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta