Este venres Tequexetéldere celebrará o seu XXV aniversario

simon kike tequeENTRADAS AGOTADAS

Este venres 4 de Novembro a agrupación Tequexetéldere celebrará o seu XXV aniversario ás 21:00 horas no Teatro Principial.

Para conmemorar os 25 anos desta agrupación realizarán unha gala de música e baile no Teatro Principal. Ademais de Tequexetéldere participará a Banda Cultural de A Estrada. A banda estreará no noso concello a obertura composta por Simón Couceiro e que leva o mesmo nome que a agrupación de baile tradicional.

Así nos presentou Kike Vázquez, representante de Tequexetéldere, acompañado co compositor Simón Couceiro.

A día de hoxe Tequexetéldere conta con prácticamente os mesmo compoñentes que nos seus comezos en 1990, sobre a treintena, pero ademáis conta con escolas de baile, gaita, IMG_4183percusión, acordeón, pandeireta, solfeo e dende hai tres anos achega o baile tradicional aos institutos estradenses.

A gala terá entrada gratuita, pero por limitacións de aforo será necesaria a presentación dunha invitación que se pode recoller durante esta semana no departamento de Cultura do Concello.

Esta entrada fue publicada en Música, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta