Menú de Nadal Low Cost con Jaume García e Obradoiro infantil de entrantes e sobremesas de Nadal con Montse Fernández de Tenda Bío para este sábado no Novo Mercado de A Estrada

Tras unha semana de descanso, continúa o programa de actividades no Novo Mercado. Ditas actividades darán comezo o vindeiro sábado ás 10 h. da mañá .

Jaume García, de Velis Nolis Bistró encargaráse da actividade Merco e Cociño, no que os asistentes coma sempre acompañarán ao chef polos distintos comercios da praza para despois asistir ao momento de cociñalos. O menú especial de Nadal constará de mexilóns con guacamole e salsa vinagreta, langostinos con verduras e salsa de soja, vieiras con puré de patacas e coliflor e de postre bizcoito elaborado por Casa do Pan, con chocolate quente.

Ao mesmo tempo, Montse Fernández de Tenda Bío elaborará xunto aos nenos no Obradoiro de entrantes e sobremesas de Nadal un menú a base de paté saudable, bombóns de chocolate e froitos secos e crema de cacao e algarrobas.

Xa están ocupadas todas as prazas do obradoiro infantil pero aínda está aberta a inscrición para participar no Merco e Cociño con Jaume García.

Lembramos que estas actividades que están tendo boa acollida, están deseñadas dende as concellerías de Promoción Económica e Desenvolvemento Rural e Actividade Agrogandeira coa finalidade de dinamizar a praza estradense.

Esta entrada fue publicada en Emprego e Formación, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta