Aberto o prazo para inscribirse no procedemento de acreditación das competencias profesionais

Dende o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada informamos que está aberto o prazo para inscribirse no procedemento de acreditación das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia profesional  ou de vías non formais de formación. Hai prazas nas unidades de competencia das cualificacións profesionais de:

  • Administración e xestión: 540 prazas.
  • Agraria: 220 prazas.
  • Edificación e obra civil: 1055 prazas.
  • Electricidade e electrónica: 940 prazas.
  • Fabricación mecánica: 660 prazas.
  • Hostalaría e Turismo: 1300 prazas.
  • Imaxe persoal: 320 prazas.
  • Industrias alimentarias: 300 prazas.
  • Informática e comunicacións: 420 prazas.
  • Instalación e mantemento: 800 prazas.
  • Madeira, moble e cortiza: 435 prazas.
  • Química: 160 prazas.
  • Sanidade: 1600 prazas.
  • Servizos socioculturais e á comunidade: 140 prazas.
  • Transporte e mantemento de vehículos: 960 prazas.

Calquera  información e orientación necesaria para aquelas persoas que queiran participar no procedemento será proporcionada polo Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada.

A información referente a prazos de inscrición, requisitos, documentación necesaria , taxas, fases do procedemento , etc… atópase no DOG nº 4 do venres 8 de xaneiro de 2016.

O obxecto da acreditación de competencias é recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais.

Deste xeito as persoas que teñen experiencia laboral ou formación non acreditada poden chegar a acadar dunha forma sinxela parte dun título de formación profesional que lle facilitará a inserción ou continuidade no mercado laboral.

Esta entrada fue publicada en Emprego e Formación, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta