Os socialistas denuncian "abandono do goberno local no referente ao matadoiro"

POR LA IZQUIERDA, LUIS RENDO, JOSE ANOTNIO DONO Y MANUEL FERNANDEZ CERDEIRA, DURANTE LA RUEDA DE PRENSAO alcalde nin buscou solución para o peche e a reactivación do servizo, nin reclamou a débeda que acumula a empresa concesionaria co Concello. 

O grupo socialista rexistra a petición de convocatoria da comisión de organización e funcionamento para tratar a situación creada. 

O matadoiro da estrada pechou o pasado mes de xullo. A empresa concesionaria deixou aos traballadores na rúa, ao sector sen prestación de servizo e pagos pendentes co Concello, traballadores e proveedores. A pesares de ser un servizo de obrigado prestación municipal o alcalde e o grupo de goberno, a día de hoxe non teñen plantexado solucións ao problema.

No pleno de xullo o grupo municipal socialista pediu a constitución dunha comisión especial sobre o asunto para buscar a solución máis áxil ao peche do matadoiro. O Alcalde José López rexeitou a proposta e dixo que o goberno xa estaba traballando sobre o tema para facer un contrato menor que permitira poñer de inmediato e ata fin de 2015 en funcionamento o matadoiro, para a principios de 2016 facer unha nova concesión. “López Campos non só non cumpriu coa palabra dada, se non que seis meses despois o que se percibe e unha total e absoluta deixadez de funcións, pois a principios de xaneiro de

2016 o Concello nin tan sequera se persoou como acreedor no concurso para reclamar a débeda que a empresa ten cos estradenses”

Fartos da falta de actuación por parte do goberno local, dende o grupo socialista rexistramos a petición de convocatoria de organización e funcionamento a efectos de traballar na solución do peche do matadoiro. “É necesario que este asunto se leve de inmediato ao pleno para adoptar a resolución de rescisión do contrato coa empresa actual e se decida unha nova adxudicación que permita ao Concello persoarse no procedemento de reclamación de débedas e  reabrir de inmediato as instalacións. O deterioro da maquinaria, a falta de servizo para o sector e a situación dos traballadores obriga a tomar medidas de inmediato. A actitude de inacción do goberno municipal resulta intolerable”, comentou a portavoz socialista.

 Grupo Municipal Socialista

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta