Está aberto o prazo para inscribirse no procedemento de acreditación de competencias profesionais

Dende o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada informamos que está aberto o prazo para inscribirse no procedemento de acreditación e recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia profesional  ou de vías non formais de formación. Hai prazas en unidades de competencia das seguintes cualificacións profesionais:

  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
  • Servizos para o control de pragas
  • Xestión de servizos para o control de organismos nocivos
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais
  • Socorrismo en instalacións acuáticas
  • Extinción de incendios e salvamento
  • Confección e mantemento de artes e aparello
  • Aproveitamentos forestais
  • Tanatopraxia
  • Administración e xestión
  • Agraria
  • Edificación e obra civil
  • Electricidade e electrónica
  • Fabricación mecánica
  • Hostalaría e Turismo
  • Imaxe persoal
  • Industrias alimentarias
  • Informática e comunicacións
  • Instalación e mantemento
  • Madeira, moble e cortiza
  • Química
  • Sanidade
  • Servizos socioculturais e á comunidade
  • Transporte e mantemento de vehículos

Para facilitar a inscrición nestes procedementos a Fundación Cultural habilitará a aula da segunda planta do Edificio de Usos Múltiples do Concello de A Estrada,sito na Avenida Benito Vigo, nº 94, os días 26, 27, 28 e 29 de xaneiro de 2016.

Calquera  información e orientación necesaria para aquelas persoas que queiran participar no procedemento será proporcionada polo Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada no teléfono 986570997.

Esta entrada fue publicada en Emprego e Formación, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta