Hoxe o X3 Padel Club comeza a liga Rías Baixas

IMG_4727O X3 Padel Club – A Estrada participa por primeira vez na Liga Rías Baixas da Federación Galega de Padel

Hoxe dará comezo a Liga Rías Baixas 2016 organizada pola Federación Galega de Padel e na que por primeira vez participará na 3ª Categoría Masculina o X3 Padel Club – A Estrada.

Esta liga ten unha duración de 4 meses finalizando a mesma o 29 do mes de Maio. Xogase en grupos de oito equipos e en cada xornada dispútanse 5 partidos. O equipo que gane 3 dos partidos disputados acada un punto para esa xornada. O finalizala competición de liga os dous primeiros clasificados de cada grupo xogará un play-off a doble volta.

Un dos obxectivos do X3 Padel Club era o da creación de un equipo para participar en competicións oficiais, polo tanto, ca inscrición na Liga Rias Baixas do noso primeiro equipo damos por cumprido dito obxectivo. Contamos con un grupo de xogadores do pobo federados que neste primeiro ano de participación tratarán de ascender de categoría, para o próximo ano poder contar con dous equipos, un en segunda categoría e outro en terceira.

Esta primeira tempada a disputa dos encontros como local levaranse a cabo nas instalación do Club Condesa Sport de Caldas de Reis, a espera de poder facelo na Estrada na próxima tempada unha vez se habiliten as novas pistas. O poder contar con pistas para a práctica do Padel na estrada era outro dos obxectivos do X3 Padel Club que tamén estamos a piques de cumprir. Desde o mes de decembro do ano pasado desde o concello xa se está traballando sobre un concurso público para construír pistas de Padel no que hasta agora era o frontón municipal. Este concurso abrirase as empresas interesadas entre o
fin de xaneiro e principios de febreiro deste ano para que se poida contar con estas instalacións antes de que comece o verán.

Desde o X3 Padel Club seguimos traballando para cumprir os obxectivos marcados e pouco a pouco vamos chegando a eles. Contamos xa con un número importante tanto de xogadores, como de socios, como de patrocinadores que nos axudan a avanzar cada día.

Compre dicir que estes días comezamos a campaña de captación de socios para este tempada 2016. Todos os interesados en colaborar con nos de calquera dos xeitos ou calquera que esté interesado en xogar pode poñerse en contacto co club de diferentes maneiras:

X3 Padel Club A Estrada

Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta