Luis López: “Temos que dar un paso adiante para mudar a nosa situación”

IMG-20160201-WA0000

Os mozos e mozas socialistas de A Estrada escolleron na tarde do sábado a Luis López Bueno como Secretario Xeral da agrupación local.

Da executiva municipal tamén forman parte Alexander Neira como secretario de organización e Martín Neira como encargado da área de formación.

IMG-20160201-WA0001As Xuventudes Socialistas de A Estrada renovaron na Asemblea de hoxe a súa executiva. O estudante estradense Luis López resultou elixido como responsable no eido local desta organización e deste xeito entra como membro nato na executiva municipal liderada por Xosé Antonio Dono. O novo Secretario Xeral das xuventudes substitúe á anterior secretaria, Lucía Franco, que se retira logo de tres anos de intenso traballo.

Luis López comezou a súa intervención recordando algúns dos males que está a sufrir a mocidade tanto estradense como española en xeral: “O paro xuvenil estivo preto do 50% no derradeiro trimestre de 2016, temos unha reforma educativa que ten como finalidade abaratar o custo da educación, e o que é peor, moitos dos nosos teñen que emigrar, coma a
principios do século XX”. Tamén recordou que “Na Estrada non se mira pola xente nova, o Concello non impulsa iniciativas para a mocidade e por iso o noso traballo debe encamiñarse a denunciar e suplir, da man doutros movementos xuvenís, e na medida dos nosos posibles, este tipo de actuacións”. “Debemos tender pontes, tanto entre as diferentes
Agrupacións municipais como con outros colectivos xuvenís”, engadiu.

IMG-20160201-WA0004Lucía Franco despediuse agradecendo a colaboración de todos os afiliados e tendeulle a man á nova executiva para axudar en todo o que poida.Silvia Neira, Coordinadora das Xuventudes da provincia de Pontevedra recoñeceu os méritos da Secretaria saínte e amosouse optimista respecto do futuro da Agrupación de Xuventudes Socialistas de A Estrada.

Xuventudes Socialistas de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta