Santiago acolle unha exposición fotográfica de Rapa das Bestas

InvitaciónW

Esta semana comezou en Santiago unha exposición de José López (Jolope) sobre a Rapa das Bestas onde está presente entre outras a Rapa das Bestas de Sabucedo, e á que asistiu o Concelleiro de Cultura do Concello da Estrada, xunto co presidente da Asociación da Rapa das Bestas de Sabucedo, Henrique Bazal.

IMG-20160201-WA0005A expo, é un resumo de imaxes de tres lugares onde se fan «rapas»: Sabucedo, Amil e Boimente(Viveiro) intentando facer unha historia ou un «relato» cronolóxico do que acontece nun «curro» Evidentemente, non é detallado pero si segue unha pequena lóxica.

Tal e como comenta o autor cando escolleu as imaxes buscaba un resumo con idea de continuidade (dentro das imaxes que eu tiña) aportando maneiras de facer e actuar en diferentes «curros» que eu fotografara para poder ter unha visión, resumida sí, pero ao mesmo tempo o enfoque que se lle dá nos diversos lugares, así como amosar a beleza dos/das protagonistas: os garañóns, as bestas e as crías. Ao mellor non o conseguín pero…

Cultura A Estrada

Esta entrada fue publicada en Cultura, Festas, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta