Santeles tamén apraza o seu entroido e Guimarei xa ten nova data

ENTROIDO 2016

Ante as previsións meteorolóxicas para este fin de semana a Comisión do Entroido de Santeles decidiu aprazar os seus desfiles e altos dos xenerais para o sábado 27 e domingo 28 mantendo os mesmos horarios.

Mentres a comisión do Entroido de Guimarei que se veu obrigada a suspender a festa do pasado luns polo nivel de alerta de fortes ventos para esa noite, xa ten nova data para o tradicional baile de disfraces, será o venres 19.

Polo de agora a única parroquia que mantén a data prevista é Arnois, para o vindeiro sábado 13, pero non se descarta que o mal tempo que parece que regresará este fin de semana obrigue tamén ao seu aprazamento.

Deste xeito o programa actual do Entroido é o seguinte:

  • Sábado 13: Entroido de Arnois, con desfile pola parroquia e ás 19:00 horas alto dos Xenerais no Campo das Neves.
  • Venres 19 ás 22:00 horas: Festa do Entroido en Guimarei no Campo da Festa.
  • Sábado 20 ás 17:00 horas: Desfile e concurso de disfraces polas rúas de A Estrada.
  • Domingo 21 ás 16:30 horas: Entroido Tradicional dos Xenerais do Ulla con desfile de carrozas e comparsas das parroquias pola vila e alto dos Xenerais ás 18:30 horas na Praza da Feira.
  • Sábado 27: Entroido de Santeles, con desfile pola parroquia e ás 19:00 horas alto dos Xenerais no Campo da Festa.
  • Domingo 28: Entroido de Santeles, con desfile pola parroquia e ás 19:00 horas alto dos Xenerais no Campo da Festa.
Esta entrada fue publicada en Festas, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta