Convocadas as probas para carnés profesionais e acceso a ciclos medios e superiores

Escudo.novoA Área de promoción económica, Comercio e Emprego do Concello da Estrada e o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada

EXPÓN

Que a CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA convoca:

  • Ás probas para á obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2016 nas seguintes especialidades:
  • Operador/a industrial de caldeiras.
  • Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
  • Instalador/a de gas, categoría A.
  • Instalador/a de gas, categoría B.
  • Instalador/a de gas, categoría C.
  • Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
  • Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
  • Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
  • Carné profesional de operador/a de guindastre torre.
  • Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
  • Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.
  • Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refri­xerantes fluorados.
  • Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados
  • Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empre­guen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.

O prazo de presentación de solicitudes será:

  • Para a convocatoria ordinaria desde o día 15 ao día 26 de febreiro de 2016, ambos os dous incluídos.
  • Para a convocatoria extraordinaria desde o día 1 ao día 13 de xullo de 2016, ambos os dous incluídos.
  • Ás probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2016:

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un título de formación profesional básica, nin outros estudos equvalentes para os efectos de acceso, continuaren a súa formación accedendo aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio, nunhas condicións suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de for­mación profesional, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, a posibili­dade de continuaren formándose en ciclos de formación profesional de grao superior, coa madureza e a idoneidade suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.

O prazo de presen­tación estará abranguido entre os días 4 e 15 de abril de 2016, ambos os dous incluídos.

  • A información referente a prazos de inscrición, requisitos, documentación necesaria, fases do procedemento, etc… atópase no DOG nº 28 do xoves 11 de febreiro de 2016.

Calquera  información e orientación necesaria para aquelas persoas que queiran participar no procedemento será proporcionada polo Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada.

Esta entrada fue publicada en Emprego e Formación, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta