Esta fin de semana volta a 1ª Division e a categoría feminina da liga galega de fútbol gaélico á Estrada

cartaz gaelicoOs decanos do fútbol gaélico en Galiza enfrontanse nun trepidante encontro no novo campo de A Estrada, este Sábado día 13 as 18:15h. Irmandinhos A Estrada (5ptos) e Fillos de Breogan (5ptos) quentan motores para ofrecer o mellor de cada escadra ós aficionados de A Estrada. Logo do empate da primeira volta e ca necesitdade imperiosa de gañar para intertar alcanzar na clasificacion a Estrela Vermelha (8 Ptos), que conta os seus partidos por victorias.

Pola banda feminina dobre encontro das estradenses:

As 19:30h no novo campo da Estrada outro clasico Irmandinhas A Estrada Vs Fillas de Breogán

E as 20.30h. no mesmo escenario Braithreachas A Estrada Vs Estrela Vermelha de Compostela.

Os dous duelos femininos teñen son moi interesantes posto que Fillas de Breogan (16 ptos) dominan a taboa clasificatoría con 4 puntos de avantaxe sobre Irmandinhas (12Ptos) que están obrigadas a gañar para non descolgarse máis e que as colla Estrela (10ptos) no caso de Gañarlle a Braithreachas (8ptos). Estas últimas tamén teñen na súa man alcanzar a LOGO A VILA TAMAÑO WEB 300escadra compostelana polo que os duelos entre as 4 primeiras clasificadas son de rivalidade directa e poden traer cambios de cara o resultado final da liga galega.

O terceiro tempo celebrárase a partir das 22:00h. no Meson A Vila de A Estrada e estades todos convidados.

Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta