Domingo de Entroido en Couso

IMG_9914O Domingo día 7 Couso celebrou o seu entroido, durante a mañá recorreron a parroquia coas súas carrozas e comparsas e dando os vivas dos xenerais a todos os veciños e veciñas.

Xa pola tarde achegáronse ata o lugar de Souto de Vea, da parroquia veciña de San Xurxo de Vea, que dende hai uns anos colabora coa parroquia de Couso, alí os máis pequenos realizaron o atranque dos mini xenerais a pesar de que xa comezaba a chover. Logo trasladáronse ao campo da festa de Couso onde estaba previsto o prato forte do día, o Encontro dos Xenerais do Ulla, pero a pesar de que comezaron mentres o público se resgardaba no palco da música, finalmente víronse obrigados a suspendelo ante a intensidade da chuvia.

Esta entrada fue publicada en Festas, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta