Con motivo do Día de Rosalía, a parte do acto previsto para o día de mañá no MOME onde unha representación de cada un dos centros de ensino do noso concello recitaran un poema e da posterior actuación do grupo Cantar a Mares, dende o Concello da Estrada preparouse un vídeo onde 28 veciños e veciñas relacionados co mundo da música, o deporte, o teatro, os medios de comunicación, o folclore, o asociacionismo, a hosteleiría e o mundo empresarial entre outros do noso Concello recitaron o poema «A xustiza pola
man», en diferentes localizacións da Estrada, como o Pazo de Oca, o Areal de Berres, Ouzande, a Torre de Guimarei, a Praza do Concello ou a Casa das Letras son algunhas delas.
Este vídeo xa se está difundindo polas redes sociais oficiais (facebook, twitter e instagram) do Concello con grande repercusión, será colgado na páxina web do Concello e mañá será reproducido no acto conmemorativo do Día de Rosalía
Enderezo da canle onde poderedes atopar outros vídeos
https://www.youtube.com/channel/UCTBs4R14jqH0Lbh1oQoun3A