O CIM recibe ata o luns as candidaturas ao Premio ao Labor das Mulleres da Estrada

8marzo As propostas, de mulleres ou colectivos, poden formalizarse por parte de calquer/a veciño/a no rexistro de entrada do Concello

 O xurado reunirase o vindeiro martes para emitir o seu ditame e o galardón entregarase, nesta cuarta edición, o vindeiro día 11 de marzo

O Centro de Información á Muller (CIM) da Estrada, integrado na Concellería de Benestar Social e Igualdade, pechará o vindeiro luns o prazo de recepción de candidaturas para a cuarta edición do Premio Honorífico ao Labor das Mulleres do Concello da Estrada.

As propostas, de mulleres ou colectivos, poden ser presentadas por calquer/a veciño/a e deben formalizarse no existro de entrada do Concello. As candidaturas deben centrarse en persoas ou asociacións cunha actividade relevante no municipio a prol da visibilización do traballo da muller e da igualdade.

Tras recoller todas as propostas, o xurado reunirase o vindeiro martes, 1 de marzo, para emitir o seu ditame, que terá en conta a traxectoria persoal, empresarial e local, a revelancia e o retorno social no municipio estradense. O xurado estará conformado pola concelleira de Benestar Social, Amalia Goldar, e outros membros da corporación municipal; representantes económicos, sindicais e asociativos do concello; e a directora do CIM, Margarita de la Calle.

Escudo.novoO xurado, tras avaliar os méritos de todas as candidatas, dará a coñecer o fallo da cuarta edición do premio que, coma en anos anteriores, pretende dar un pulo ao recoñecemento do traballo das mulleres, da súa actividade emprendedora e da igualdade na Estrada.

O galardón, creado en 2013 para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora que se celebra cada 8 de marzo, entregarase nun acto público que terá lugar o vindeiro venres, 11 de marzo.

A gañadora da cuarta edición tomará o testemuño de María Zamar, de Panadería Cervela; de María Martínez Otero, fundadora da empresa de mobles que leva e o seu nome; e da cooperativa agraria Gandeiras de Vea.

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta