Alexander Neira: "A mocidade da comarca ten futuro e temos que loitar por el"

IMG-20160224-WA0006As xuventudes socialistas celebraron na xornada do domingo as asembleas para elixir os coordinadores comarcais da provincia de Pontevedra. Na comarca de Ulla-Umia o elixido foi o estradense Alexander Neira, Secretario de Organización da agrupación da Estrada.

As xuventudes socialistas da provincia de Pontevedra celebraron na xornada do domingo as asembleas para nomear os coordinadores das diferentes comarcas da provincia. No que respecta a comarca de Ulla-Umia, (na que se enmarca o concello da Estrada), resultou elixido Alexander Neira, que no seu discurso defendeu a importancia da mocidade na comarca ao mesmo que lamentou a situación actual desta, especialmente no que respecta o emprego: “Non é admisible o actual desemprego xuvenil que estamos a sufrir” neste aspecto destacou o prexuízo que as políticas do Partido Popular lle están a causar a mocidade, abaratando o despido e fomentando empregos lixo.

IMG-20160224-WA0002Por outra banda o novo coordinador comarcal destacou a necesidade de interesar á mocidade na política. “Para calquera democracia é moi importante ter unha mocidade politicamente activa e informada” neste senso defendeu a idea de que a política deixe de ser “aburrida” para a xuventude e pasar a erguerse como un instrumento efectivo para atender as demandas da cidadanía. Respecto a este tema mostraba o seu desexo de conseguir aumentar os afiliados a xuventudes na comarca, aínda que recoñece que é complicado.

Xuventudes Socialistas

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta