O 94% das firmas presentes na Feira de Oportunidades, antigüidades, artesanía e salón do vehículos de ocasión, son de procedencia autonómica

cartel_1_salon_vehiculo_ocasion• O 73% das firmas presentes, proceden da provincia de Pontevedra, seguida por A Coruña cun 18%. Lugo e Ourense, soio aportan en conxunto o 3%. O 6% restante proceden da península Ibérica e Portugal.

• A mostra contará con exposición e venda de mobiliario, tapicería, relax, calzado, textil, artesanía, menaxe, antigüidades e vehículos de ocasión e seminovos, etc…

• Os visitantes contarán con catro pavillóns, con mais de 7.600 m2 de espazo expositivo. A entrada de visitantes ao recinto será gratuíta e entre os asistentes sortearánse catro vales de compra por importe de cincuenta euros cada un.

O próximo día once de marzo, o recinto estradense, inaugurará o calendario feiral 2016, coa celebración do seu primeiro certame: 6ª Feira de Oportunidades do Comercio, 49ª Feira de Antigüidades e Artesanía e 1º Salón do Vehículo de Ocasión . Será o venres ás catro da tarde, cando o recinto abra as súas portas ao público, tendo lugar a inauguración oficial a posteriori.

Este primeiro certame, irrumpe no calendario feiral estradense cun cheo absoluto de catro dos seus pavillóns, mais de 7.600 m2 de superficie expositiva. A Comunidad Autónoma de Galicia, aporta o 93,65% das firmas presentes, destacando sobremaneira a provincia de
Pontevedra co 73%, seguida de A Coruña co 18%. Lugo e Ourense, tan soio aportan en conxunto o 3%. O 6% restante dos expositores, proceden do resto da península Ibérica e Portugal.

O 49% das firmas, ubicaránse no pavillón cinco, copado polo comercio local, seguido polo 38% das firmas ubicadas no seis, o 5% no catro e o 8% no pavillón 1.

cartel_49_feria_antiguedades_2016O comercio local, aporta un total de trinta e tres firmas, entre as cales se atopa representado o sector do moble, relax, tapicería, artesanía, textil, calzado, óptica, automoción, etc… Actualmente existen firmas en lista de espera. Estas firmas entrarán a
formar parte da mostra sempre e cando poida producirse algunha baixa das que actualmente teñen realizada a reserva. Esta reserva, realízase previo asinado do correspondente contrato de participación e pago do 50% do montante do memso, cancelando a parte restante a finais do presente mes. O incumplimento de asinado ou pago, supón a perda do dereito de reserva espacial.

Para incentivar a afluencia de público ao recinto, o equipo organizativo en colaboración con varias das firmas presentes, realizará un sorteo de catro vales de compra. Os devanditos sorteos, realizaránse o sábado 12 e domingo 13, a razón de dous sorteos cada día. Os sorteos seran públicos e celebraranse ás vinteunha horas do sábado e ás dezanove
horas do domingo, os dous restantes. Os sorteos, efectuaránse no pavillón cinco.

O recinto feiral terá un horario ininterrumpido de dez a vinteunha horas, agás o día once que abrirá ao público de dezaseis a vinteunha horas. A entrada para todos os visitantes será gratuíta.

 

Esta entrada fue publicada en Feiras, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta