Estela Suárez e Héitor Picallo presentan o conto infantil “Non quero xogar ás agachadas coa lúa”

Cartel-presentacionpequenoA escritora Estela Suárez Recouso e o ilustrador Héitor Picallo Fuentes presentarán o venres 11 de marzo, ás 20.00 h, o conto infantil “Non quero xogar ás agachadas coa lúa”. A obra está publicada por Edicións Fervenza e será presentada na Casa das Letras da Estrada nun acto organizado pola Asociación Cultural “Vagalumes”.

Este conto está escrito pola veciña de Oroso, Estela Suárez, e está acompañado de traballadas ilustracións que correron a cargo de Héitor Picallo, natural de Cuntis. A historia céntrase na relación de amizade que establece a lúa e o protagonista, un cativo chamado Xan.

Intervencións

No acto de presentación contarase coa participación da autora Estela Suárez; o ilustrador Héitor Picallo; do escritor David Otero; do mestre e escritor, Carlos Loureiro e da escritora e crítica literaria Romina Bal.

Estela Súarez Recouso

Estela Suárez está licenciada en Filoloxía Galega e actualmente atópase estudando Pedagoxía. O seu primeiro certame literario gañouno na súa localidade natal, Oroso, en 1999 momento no que comezaría a súa andaina literaria, sucedéndose diversos premios en certames de narrativa e relatos curtos. Entre os últimos recoñecementos recibidos atópase o primeiro premio á mellor curta no V Certame de Curtas para Rosalía da AS-PG e o segundo premio do III Concurso de Curtametraxes “E ti que ves?” de Adega; ambos neste ano 2015.

Asociación Cultural Vagalumes

Esta entrada fue publicada en Asociacións, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta