O CIM en colaboración có Concello realizará un programa de actividades conmemorativas polo día da Muller

8marzoMañán martes día 8 de marzo, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller o Concello da Estrada a través do Centro de Información ás Mulleres quere presentar o programa de actividades conmemorativas.

En primeiro lugar, o venres dia 11 de marzo as 20,30 horas no MOME farase a entrega da 4ª edición do Premio Honorífico ao labor da Mulleres do Concello da Estrada, que este ano recaeu na Cooperativa Axuda Servizos. Será un acto aberto ao público en xeral no que se convida a asistir a todas aquela persoas interesadas en recoñer a labor desta cooperativa como motor na xeración de emprego feminino.

En segundo lugar, O CIM organiza un obradoiro que comezará o dia 16 de marzo e vai durar tres semanas. Está dirixido a mulleres co título “Xuntas avanzando” e vaise traballar para mellorar as capacidades persoais e potenciar a autonomía e a autoestima. Todas as interesadas poden anortase no CIM desde hoxe, en persoa ou chamando ao 986 59 01 51.

Por último, e continuando coas tarefas de prevención vai comenzar unha nova edición do obradoiro “ A delgada liña que nos separa da violencia de xénero” que este ano vaise impartir nos tres centros educativos da ESO a partir do 5 de abril. Trátase de explicar os conceptos básicos que fundamentan a igualdade de xénero e como previr e actuar en situacións de violencia de xénero nunhas idades fundamentais para establecer a conducta non violenta na idade adulta.

CIM de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta