A Directora Xeral de Comercio, inaugurará no Recinto Feiral Estradense a Feira de Oportunidades do Comercio, o Salón do Vehículo de Ocasión e a Feira de Antigüidades e Artesanía

03• o recinto feIral estradense, abre as suas portas ao público ás catro da tarde.

• Sol María Vázquez Abeal, Directora Xeral de Comercio, inaugurará o certame, ás seis da tarde.

• A entrada gratuita ao recinto e o sorteo de vales de compra, son alicientes para incrementar á afluencia ao recinto.

• Preto de setenta firmas presentes na mostra, tres pavillóns e máis de 7.600 m2 de espazo expositivo.

• O comercio local e a provincia de Pontevedra, en particular, respaldan maioritariamente a mostra.

O recinto feiral estradense, inaugura esta tarde o seu calendario feiral coa celebración do primeiro certame de promoción económica 2016: 6ª Feira de Oportunidades do Comercio, 1º salón do Automóvil e 49ª Feira de Antigüidades e Artesanía.

O acto de inauguración oficial, correrá a cargo da Directora Xeral de Comercio, Sol María Vázquez Abeal e terá lugar ás seis da tarde. No mesmo, estarán presentes, a Directora Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Blanca García-Señorás Álvarez, o responsable do recinto feiral, Nemesio Rey Pazos, o Presidente de A.C.O.E., Alfredo
González Otero, o alcalde estradense, José López Campos e outras autoridades.

Previo acto de inauguración, o recinto xa abrirá as suas portas ao público dende as catro da tarde. Unha vez mais, sensibles coa situación, o equipo organizativo, manten a entrada de balde para todos os visitantes e sorteo de catro vales de compra por importe de 50€ cada un.

Os sorteos realizaránse dous o sábado ás vinteunha horas e dous o domingo ás dezanove horas. Preto de setenta firmas, das cales o 94% son galegas, destacando sobremaneira a participación local. A provincia de Pontevedra aporta o 73% das firmas participantes, seguida de lonxe pola de A Coruña, cun 18%. Lugo e Ourense aportan entre ambas o 3%. O 6% restante, chegarán procedentes do resto da península Ibérica.

A meirande ocupación porcentual por pavillóns ostentaa o número cinco cun 49% de firmas. Neste espazo expositivo, ubicaráse a feira do comercio local. O pavillón seis, albergará outro 38% de expositores, seguido polo un e catro, co 8% e o 5%, respectivamente. O comercio local, concorre á mostra cun total de trinta e unha firmas,
entre as cales se atopa representado unha parte do sector do moble local, relax, tapicería, artesanía, textíl, calzado, óptica, etc…

Pola súa banda, os anticuarios presentes suman un total de vintetrés firmas que se ubicarán no pavillón seis.

O pavillón número un, estará completamente adicado ao 1º Salón do Vehículo de Ocasión, no que, cinco firmas locais estradenses, amosarán as súas ofertas ao público. Estas firmas son: Brasil Car, Start Motor, Talleres Gestoso, Talleres Louzao e Varela Motor. Mais dun
centenar de vehículos presentes de todas as marcas, en versión gasolina ou diesel a prezos moi competitivos. Os vehículos serán de ocasión e incluso algún, seminovo.

O recinto feiral terá un horario ininterrumpido de dez a vinteunha horas, agás a xornada do venres que tan soio abrirá de dezaséis a vinteunha horas. A entrada para todos os visitantes será de balde.

O primeiro certame do ano, constitúeo unha ampla multisectorial na que, os visitantes poderán mercar productos con grandes descontos, moi por debaixo incluso das rebaixas estacionais.

Vehículos, Textil, calzado, menaxe, relax, mobiliario, tapicería, decoración, iluminación, colchonería, antigüidades, artesanía, etc…, son algúns dos subsectores representados.

Fundación de Exposicións e Congresos

Compárteo!

Deja un comentario