O recinto feiral estradense acolleu o acto de presentación aos medios de comunicación da 6ª Feira de Oportunidades do Comercio, o 1º Salón do Vehículo de Ocasión e a 49ª Feira de Antigüidades e Artesanía

IMG_2309• o recinto feIral estradense, presentou aos medios de comunicación o primeiro dos certames do calendario feiral 2016.

• Setenta firmas expositoras presentes, máis de 7.600 m2 de espazo expositivo, distribuído en catro pavillóns.

• Entrada de balde e sorteo de catro vales de compra por importe de 50€, serán reclamos para captar aos visitantes.

• Unha ampla multisectoral, cunha nutrida representación de sectores.

O recinto feiral estradense, acolleu na mañan do mercores a presentación aos medios de comunicación do seu primeiro certame de promoción económica do calendario feiral 2016: 6ª Feira de Oportunidades do Comercio, 1º salón do Automóvil e 49ª Feira de
Antigüidades e Artesanía.

[embedplusvideo height=”390″ width=”640″ editlink=”http://bit.ly/1RDOx0M” standard=”http://www.youtube.com/v/3B7JtQyiPxQ?fs=1&vq=hd720″ vars=”ytid=3B7JtQyiPxQ&width=640&height=390&start=&stop=&rs=w&hd=1&autoplay=0&react=1&chapters=&notes=” id=”ep7952″ /]

No acto estiveron presentes o actual responsable do recinto, Nemesio Rey Pazos, o presidente da Asociación de Comerciantes da Estrada, Alfredo González Otero e o concelleiro de Promoción Económica, Oscar Durán Barros.

IMG_2320En primeiro lugar, interviú o responsable do recinto, Nemesio Rey Pazos, quen quixo agradecer a implicación institucional por parte da Xunta de Galicia, Concello de A Estrada, Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e Asociación de Comerciantes da Estrada.

Igualmente salientou a resposta masiva do sector empresarial e a laboura divulgativa realizada por todos os medios de comunicación.

Nemesio Rey, quixo deixar patente que esta multisectorial é o resultado do esforzó realizado perante este primeiro trimestre de 2016 , o que posibilitou a apertura de máis de 7.600 m2, distribuídos en catro pavillóns, ocupando o cento por cento do espazo expositivo. Igualmente fixo un chamamento convidando a todos a secundar esta mostra.

Pola súa banda, o Presidente da Asociación de Comerciantes da Estrada, Alfredo González Otero, aproveitou a súa intervención para agradecer especialmente ao Excmo. Concello da Estrada e a propia Fundación de Exposicións e Congresos o traballo desenvolto encamiñado a que se continúe a consolidar este tipo de iniciativas moi atractivas para os visitantes que segundo él, atoparán rebaixas que oscilarán entre o 50-80%. Así mesmo, o presidente de A.C.O.E. enumerou unha por unha as catorce firmas locais asociadas a A.C.O.E. que se sumarán ao resto de firmas participantes. Alfredo González Otero, considera moi positivo para a mostra que ésta englobe as tres feiras e suliñou a inestimable importancia de que o sector da automoción se sumará por primeira vez, con formato Salón, a esta iniciativa.

Pechando o turno de intervencións, o Concelleiro de Promoción Económica, Oscar Durán Barros salientou a implicación, o esforzó realizado e a resposta do sector empresarial como o primeiro dos éxitos de esta ampla multisectorial.

Fundación de Exposicións e Congresos

Compárteo!

Deja un comentario