A Feira Multisectorial estradense comeza cunha interesante afluencia de visitantes

foto 1• O público coa sua asistencia, continúa avalando os certames do recinto feiral estradense. A afluencia de visitantes, foi notable ao longo das dúas primeiras xornadas.

• O sábado a media tarde, foi cando se acadou a meirande afluencia de visitantes. • As óptimas condicións climatolóxicas animaron ao público a visitar a mostra.

• O 1º Salón do Automobil de Ocasión seduciu por calidade e prezo. Vehículos de gama media-alta, centraron a atención do público asistente, cerrándose as primeiras operación.

• O Comercio local e as antigüidades, foron os sectores que mais operación comerciais pecharon, tendo en conta que o desembolso é de cuantía menor.

Puntual sobre a hora prevista, ás catro da tarde do venres, o recinto feiral estradense, abría as suas portas ao público para amosar o primeiro dos seus eventos do calendario feiral 2016: 6ª Feria de Oportunidades do Comercio/ 49ª Feria de Antigüidades e Artesanía/ 1º Salón do Automóbil de Ocasión. Posteriormente, ás seis da tarde, a comitiva de autoridades locais e autonómicas, realizou unha visita ás firmas presentes na mostra, deixando oficialmente inaugurada esta multisectorial estradense.

A concurrida xornada do venres e a do sábado, augura unha importante afluencia de visitantes para a xornada de hoxe, xa que, como ven sendo habitual en todos os nosos certames, a meirande afluencia de público, estáse rexistrando os domingos, coincidindo co peche das diferentes mostras. O venres e o sábado, a afluencia masiva de público, coincideu coas horas centrais da tarde. En torno ás dezaoito horas, foi cando se rexistraron os picos máis elevados de circulación de visitantes no recinto.

foto 2No referente aos dous primeiros días, hai que suliñar que a meirande cifra de visitantes, acadouse o sábado. As óptimas condicións climatolóxicas, están animando ao público a concurrir ao certamen e tendo en conta as previsións meteorolóxicas, augúrase un domingo moi animado.

Pola súa banda, o 1º Salón do Automóbil de Ocasión, está a despertar grande interese no público xa que, a relación calidade-prezo está a ser moi interesante, tendo en conta que o producto exposto é de gama media-alta.

Os visitantes poden atopar vehículos en versión tres e cinco portas, gasolina ou gasoil, utilitarios, monovolúmenes e todoterreo, nunha ampla gama de marcas e cores, con descontos feiriais propios e financiación á medida do cliente. Perante as cinco primeiras horas do venres, os cinco concesionarios presentes, xa pecharon algunhas operación e éstas víronse incrementadas o sábado. Este dato foi aportado polos propios concesionarios que se amosan satisfeitos co arranque do certame e que, a súa vez, prevén pechar outras operacións a curto prazo.

O 1º Salón do Automóbil de Ocasión, presenta descontos sustanciosos, soio aplicables en feira. Estes descontos en moitos casos, superan os mil euros. Todos os modelos contan con financiación adaptada a cada tipo de cliente e economía doméstica.

Os sectores punteiros no referente a volumen de transaccións comerciais efectuadas dentro do propio recinto, son o comercio en xeral e as antigüidades xa que, son eventos plenamente consolidados.

Nesta última xornada, o recinto permanecerá aberto en horario ininterrumpido de dez a vinteunha horas.

Fundación de Exposicións e Congresos

Esta entrada fue publicada en Feiras, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta