Este domingo Tequexetéldere actuará no Festival a Devesa dos Pícaros en Vilagarcía de Arousa

A Devesa dos Pícaros vilagarciaEste domingo 13 de marzo as escolas de música e baile tradicional de Tequexetéldere actuarán no Festival A Devesa dos Pícaros que terá lugar nas instalacións da Feira de Exposicións de Galicia, FEXDEGA, en Vilagarcía de Arousa.

O festival dará comezo as 12 hs cun pasarrúas polas rúas da cidade e que irá dende o Auditorio de Vilagarcía pasando polas rúas da Baldosa, Praza de Galicia as beiras do Río do Con ata chegar a Fexdega, onde as 12:30 hs dará lugar o festival.

O festival, estrenouse o ano pasado na Estrada e estaba previsto que fose no Curro de Sabucedo pero por motivos de mal tempo tivo que ser desprazado para o pavillón Coto Ferreiro.

Nel participan ademais de Tequexetéldere como agrupación estradense as seguintes, Nós de Sobradelo e Mar de Arousa de Vilagarcía de Arousa, Obradoiro Volandeira de Cambados e A Ponte Vella e A Mamoa de Luou do veciño concello de Teo.

Tequexéldere

Compárteo!

Deja una respuesta