Este sábado volve o mellor Cross a Praia de Liñares

IMG_2820

Este sábado a Praia Fluvial de Liñares albergará o Campionato Galego de Campo a través en idade escolar.

Participarán equipos e atletas nados entre o 2001 e 2006 clasificados nos Campionatos Provinciais de: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e que formalicen a súa inscrición para este campionato. Estarán clasificados os dous mellores equipos e os 8 primeiros individuais que non estiveran incluídos nos equipos, e  sen correr en ningún caso o posto de invitado a partir do 8º clasificado.

Nas categorías alevín e infantil cada equipo estará formado por un máximo de 6 corredoras/es e un mínimo de 4, dos que puntuarán as/os 4 mellor clasificadas/os; na categoría cadete máximo 6 corredores/as e mínimo de 3, dos que puntuarán as/os 3 mellor clasificadas/os.

Tódolos participantes deben portar a camiseta do seu clube ou centro.

En calquera momento, o xuíz árbitro da competición poderá solicitar a identificación dos participantes. Polo tanto, os delegados dos distintos clubes ou centros educativos deberán portar os carnets de xogade, ou no seu defecto as listaxes de cada equipo, do que sexan responsables, coa fotografía identificativa ou o DNI.

IMG_2814Calquera aspecto non recollido nestas normas xerais rexerase pola normativa oficial de Xogade e o regulamento federativo.

Estableceranse dúas clasificacións:

Individual: según o orde de chegada a meta, por categoría e sexo.

Por equipos: coas entidades ou colexios que completen equipo na liña de meta, sumando os puntos obtidos polos/as tres ou catro corredores/as mellor clasificados/as, segundo a categoría; resultará

vencedor o equipo que menor número de puntos obteña. Se se produce empate entre dous ou máis equipos, concederase mellor clasificación a aquel no que o/a derradeiro/a corredor/a puntuado obtivese mellor posto.

PREMIOS: 

Entregarase medallas ás/aos 3 primeiras/os atletas da clasificación individual e trofeo e medallas aos 3 primeiros equipos, de cada categoría.

HORARIO: 

10:15 – Retirada de dorsais

11:00 – Desenvolvemento das carreiras, de acordo co seguinte cadro:

13:10 – Entrega de premios das categorías Alevín, Infantil e Cadete (feminino e masculino).

CATEGORIA HORA DISTANCIA
CADETE MASCULINO 11:00 4.100m  aprox.
CADETE FEMININO 11:25 2.300m  aprox.
INFANTIL MASCULINO 11:50 2.300m  aprox.
INFANTIL FEMININO 12:10 1.800m  aprox.
ALEVIN MASCULINO 12:25 1.800m  aprox.
ALEVIN FEMININO 12:40 1.400m  aprox.
Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta