Os socialistas denuncian falsas promesas con fins electoralistas do PP

PSOE Este venres o PSOE de A Estrada fixo balance da actualidade do concello por medio da súa portavoz, Belén Louzao.

Louzao cre que López xa está a preparar a campaña do PP para as autonómicas, de aí as recentes visitas de conselleiros á vila. Tamén denuncia as falsas promesas realizadas en recentes campañas electorais polo alcalde que non cumpriron os tempos prometidos, como a esperada variante da N-640 da que se anunciara a licitación para o pasado ano 2015.

Belén tamén recordou a presa para inauguración do Novo Mercado sen estar rematado e os aprazamentos ao longo do tempo para o traslado da Base de Protección Civil ao Centro Comarcal, anunciado inicialmente para comezos de 2015 polo alcalde.

 

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta