Éxito e respaldo maioritario do público no primeiro evento do recinto feiral estradense deste ano

foto 1• O público respaldou masivamente o primeiro certame de promoción económica 2016, levado a cabo no recinto feiral estradense. A afluencia de visitantes, incrementouse con respecto á edición anterior.

• As óptimas condicións climatolóxicas animaron a concurrencia ao recinto feiral. O domingo foi o día que se rexistrou maior afluencia de visitantes.

• O Salón do Automóbil, cumpliu expectativas de negocio e visitas e foi o que posibilitou en grande medida o incremento de visitantes con respecto á edición anterior. Os propios empresarios do sector da automoción xa barallaban novas ideas para unha futura edición.

• Os visitantes valoraron satisfactoriamente a cantidade e calidade das firmas expostas, cun 74% e 81% respectivamente.

• O 93% dos visitantes, manifestaron a sua intención de voltar a visitar a mostra en próximas edicións.

• María Esther Iglesias González e Guillermo Gómez Lestón, foron os dous primeiros agraciados no sorteo de vales de compra.

A falta de tres horas para que o recinto feiral estradense clausure o seu primiero certame do calendario feiral previsto para este ano, a organización está moi satisfeita coa resposta masiva do público e cos datos extraidos das enquisas de satisfacción realizadas á saída do certame .

Os visitantes, avalaron novamente a Feira de Oportunidades do Comercio, o Salón do Automóbil de Ocasión e a Feira de Antigüidades e artesanía, amosando o seu interés e pechando transaccións comerciais dende o comezo do certame.

Das enquisas realizadas aos visitantes, despréndense uns resultados positivos e moi satisfactorios para o equipo organizativo, o que pon de manifiesto que o deseño e promoción do evento, estivo na línea do que demanda o público. Moi salientable foi a implantación por primeira vez do Salón do Automóbil de Ocasión que incidiu positivamente no repunte de visitantes rexistrado.

A pesares das especiais circunstancias económicas, o incremento de visitantes deixouse notar igualmente no índice das vendas. O 67%, manifestaron ter mercado algún tipo de producto dentro do recinto.

A provincia de Pontevedra, como ven sendo habitual, é a que aportou maior afluencia de visitantes, cifrada nun 80% e dentro desta, destaca, como non podería ser doutro xeito, A Estrada co 69%. A Coruña é a provincia que segue en importancia á de Pontevedra, cun 17% e a moi lonxana distancia sitúanse as provincias de Lugo e Ourense.

O 25% dos enquisados, alegou ser a primeira vez que concorren a este certame, do restante 75%, o 42% asistiu a máis de catro edicións desta mostra multisectorial.

No referente ao interés, o 76% manifestou a súa preferencia polo sector comercio, engadindo a este o sector da automoción, o 15% polo mundo do coleccionismo e as antigüidades. A artesanía pola sua banda, centrou o interés do 9% do público enquisado.
O 67%, fixeron algún tipo de transacción comercial dentro do recinto. O pavillón onde se ubicou o comercio local e os anticuarios, levouse a palma en canto a volumen de ventas realizadas. Nembargantes, as vendas máis sustanciosas, realizáronse no pavillón que albergaba o Salón do Automóbil de Ocasión. No apartado referente a cantidade de vehículos expostos no Salón do Automóbil de Ocasión, o 56% alega estar satisfeito e o 23% moi satisfeito. No tocante á calidade do producto exposto, o 68% di estar satisfeito e o 24% moi satisfeito.

O 74% constatou que se atopa satisfeito co certame no referente á cantidade de firmas asistentes e así mesmo, o 81% di estar satisfeito coa calidade do artículo exposto.
Referente á valoración xeral do evento, o 76% dos visitantes enquisados, manifestou sentirse satisfeito e o 17%, alega sentirse moi satisfeito. O 93%, afirma ter intención de voltar a asistir á mostra en vindeiras edicións.

En canto ao impacto socioeconómico que xera o certame no entorno local, o sector da hostelería e as estacións de servizo locais, cun 36% e un 48% respectivamente, son as que se levan a palma.

Coincidindo co peche da xornada do sábado, sortearónse os dous primeiros vales de compra por importe de cincuenta euros cada un. Os agraciados foron Mª. Esther Iglesias de Cuntis e Guillermo Gómez de Brión. Coincidindo co último día da mostra, sortearanse os dous últimos vales.

Fundación de Exposicións e Congresos

Esta entrada fue publicada en Empresas e Comercio, Feiras, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta