Este venres terá lugar unha palestra sobre o conflito do pobo kurdo

kurdistanO vindeiro venres 18 de marzo, o Comité Galego de Solidariedade Internacionalista Mar de Lumes organizará unha palestra na que se tratará o conflito que está a vivir o pobo kurdo, que sofre dende hai décadas a falta de recoñecemento das súas aspiracións nacionais e de liberdade. Será na Galería Dispara ás 20:00 horas, da man de Oscar Valadares.

Mar de Lumes é unha organización galega que traballa no ámbito da solidariedade internacional cuxos tres principios fundamentais son: o combate ao imperialismo, o apoio aos procesos de emancipacion e a internacionalización do conflito nacional galego.

Tabeirós Montes

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta