Os socialistas preguntan no parlamento polas consecuencias da fusión dos concellos de Cerdedo – Cotobade nos partidos xudiciais

psoe 08O alcalde da Estrada asegura que se unirán ao partido da Estrada, mentres o alcalde de Cotobade asegúralles aos veciños que seguirán en Pontevedra 

A petición dos grupos socialistas da Estrada, Forcarei e Cerdedo, o grupo parlamentario socialista presentou ante a mesa do Parlamento, polo trámite de urxencia un interpelación ao goberno galego co obxectivo de obter un pronunciamento oficial do goberno de Núñez Feijoo sobre as posibles consecuencias da fusión dos Concellos de Cerdedo e Cotobade nos partidos xudiciais da Estrada e Pontevedra.

Os socialistas sinalan que mentres o alcalde do PP na Estrada vén de dicir que será o concello de Cotobade o que se integre no partido xudicial de A Estrada, despois de falalo co presidente e o vicepresidente da Xunta de Galicia, segundo el mesmo dixo. Pola súa banda, o alcalde do PP en Cotobade asegurou nas distintas reunións parroquiais que protagonizou que Cotobade seguiría a pertencer ao partido xudicial de Pontevedra. “Mentres os alcaldes do PP se contradín no mesmo asunto, o Goberno galego e Balseiros, alcalde do PP en Cerdedo, fican mudos. Cómpre que o PP deixe de improvisar neste asunto porque estamos a falar de consecuencias sobre a prestación de servizos aos veciños”, esixiron os socialistas.

Así mesmo, ao efecto os socialistas tamén rexistraron unha pregunta para a súa resposta oral no pleno do parlamento e pediron que se tratase o asunto na Comisión 1.ª da Cámara ( Comisión Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior).

Socialistas da Estrada, Forcarei e Cerdedo

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta