40 desempregados asistiron a xornada sobre Comunicación, Marca Persoal, Identidade Dixital e Entrevista de Traballo

20160322_094739A Área de promoción económica, Comercio e Emprego do Concello da Estrada e o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada realizou esta semana unha xornada sobre a “Comunicación, Marca Persoal, Identidade Dixital e Entrevista de Traballo” na que asistiron 40 desempregados do Concello da Estrada.

María José Portas, coach, comentanos que en primeiro lugar, deberiamos transmitir unha actitude positiva e ganas. Actitude que non debe ser aparente, senón que debemos crernos e interiorizar, pois é da única forma que o conxunto da mensaxe que emitimos sexa crible.

Doutra banda, tamén debemos rodearnos dunha contorna positiva, fixándonos pequenas metas, e así poder alcanzar os nosos obxectivos, de maneira que podamos transmitir optimismo, confianza, responsabilidade e espírito emprendedor; Calidades moi demandadas a día de hoxe polo mercado de traballo.

E todo iso, sen esquecernos de coidar que a mensaxe que queiramos transmitir sexa coherente e concorde co que realmente somos e queremos dar a coñecer.

Xosé Alberte Cea, orientador laboral do Concello de Vigo experto en redes sociais, falou de Identidade Dixital comentando que estar na rede, significa ter unha representación dun mesmo, unha identidade dixital que construímos a partir da nosa actividade cando achegamos textos, imaxes e vídeos ao mundo web. A nosa identidade dixital relaciónase 20160322_110406entón coa dos demais, e é vista por todos dunha forma subxectiva que definirá a nosa reputación dixital.

Estas identidades dixitais poden coincidir ou non coa identidade da persoa na vida real. A homoxeneidade entre ambas as identidades repercute nunha vida máis activa e un armazón social máis consolidado e repercute directamente no resultado na procura de emprego.

Finalmente Elena Fernández de Iman Temporing ETT comentou que é o máis importante á hora de realizar unha entrevista de traballo é a actitude, coñecer os puntos fortes que temos para o posto de traballo e comunicar de forma clara e sincera por que debemos ser contratados.

Compárteo!

Deja un comentario