A Estrada Futsal escribiu unha páxina máis na historia do club ao alcanzar as semifinais da Copa Xunta de Galicia

_MG_2664Na eliminatoria, a partido único, recibiu no pavillón Coto Ferreiro ao Santiago Futsal, equipo de 1ª División.

O Coto presentou unha boa entrada para este encontro con un público disposto a animar ao equipo local contra todo un equipo de primeira, claro favorito, e que se esperaba dende a capital galega que gañara con facilidade aos estradenses. Sen embargo, os de Marcos Sesar demostraron dende o primeiro minuto que non estaban alí para tirar coa eliminatoria.

A primeira parte transcorreu cun dominio insulso por parte dos compostelás, chegando en contadas ocasións con perigo a meta local ante a gran intensidade dos estradenses, que tamén tiveron as súas ocasións para adiantarse no marcador topándose sempre con un muro chamado Iker.

Xa na segunda parte, o cansazo pasou factura aos locais que non foron quen de manter a intensidade da primeira parte. No minuto 24 unha clara falta ao borde na área acabou no primeiro gol de Iván Rumbo poñendo máis costa arriba o encontro. Cada vez o Santiago dominaba máis o xogo, pero A Estrada aínda tivo algunha ocasión para empatar no marcador.

O Santiago dominaba cada vez máis o partido e nunha rápida xogada no minuto 28 marcou o segundo gol por medio de Santi. Os estradenses tentaron reaccionar lanzándose ao ataque o que propiciou unha rápida contra dos visitantes na que puxo o 0-3 escasos segundos despois, gol que non debeu subir ao marcador ao axudarse coa man no control do balón de Antonio Diz que asistiu a Diego Quintela para que finalizara no terceiro gol. A partir de aquí o partido xa non tivo máis historia sendo o Santiago claro dominador do encontro e salvo algunha ocasión do equipo local que tentou ata último minuto acadar o seu gol, así caeron o cuarto non minuto e quinto gol por medio de Pablo Tallón nos minutos 29 e 31.

Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta