Os nacionalistas piden restrinxir a velocidade dos vehículos a 30 km/h en toda a zona

BNG1A zona deportiva e dos institutos ten que ser unha zona privilexiada para o esparexemento de veciñas e veciños

O BNG quere garantir a seguridade física dos mozos e mozas que a diario transitan por la Rúa da Cultura, así como de todas as persoas que fan deporte e pasean pola zona deportiva e dos institutos en dirección a maior zona verde con que conta o noso concello.

O portavoz municipal do BNG, Xosé Magariños, “considera que esta área debería ser un espazo privilexiado para o esparexemento das veciñas e veciños da Estrada por ser un lugar accesíbel desde o centro da vila”. “Por esta razón”, indicou o concelleiro nacionalista, “o BNG rexistrou unha moción onde pedimos unha reordenación do tráfico na contorna dos institutos e pavillóns orientada á circulación dos vehículos nunha soa dirección. Tamén solicitamos fixar a velocidade máxima en toda a zona en 30 km/h e  implantar sistemas de moderación do tráfico en toda a área, especialmente naqueles espazos onde haxa maior afluencia peonil (institutos e pavillóns).

Por outra banda o BNG considera que o sistema de alumeado que está a utilizar na actualidade está orientado para iluminar a calzada no canto de alumear a beirarrúa pola que transitan as persoas. Como indicou o concelleiro do BNG, “os coches xa teñen luces, as persoas non, por iso consideramos máis oportuno un alumeado que lle sexa útil ás persoas, non aos coches”. “Neste sentido”, engadiu Magariños, “na moción tamén
contemplamos que se dote a área dun sistema de alumeado público que priorice a iluminación sobre as zonas de circulación dos peóns e a creación dunha senda peonil que una a rúa da Cultura cos institutos, pavillóns, campo de fútbol e a Carballeira”.

O concelleiro nacionalista suliña que “é preciso realizar unha intervención nesta área que a converta nun espazo no que os veciñas e veciñas se acheguen a ela como zona deportiva e de paseo e garantan a seguridade dos mozos e mozas que a diario transitan por ela. Pero esta intervención non ten que ser entendida única e exclusivamente como de seguridade vial, ten que partir dun plantexamento de deseño urbano amplo, que a converta nunha
peza máis do desenvolvemento dunha vila con criterios de accesibilidade e mobilidade e teña en conta os distintos eventos que se desenvolven nas instalacións xa existentes”.

BNG de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta