Sexta edición do curso básico de prevención de riscos laborais

 

Escudo.novoDende a Concellería de Promoción Económica e os Servizos de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello e da Fundación Cultural da Estrada vaise levar a cabo a sexta edición do curso básico de PREVENCION DE RISCOS LABORAIS de 60 h das cales unha parte é on line e outra é presencial.

Este Curso esta dirixido a desempregados empadroados no Concello da Estrada e está subvencionado pola Concelleria de Promoción Económica polo que ten  un menor custe para este grupo de persoas coa finalidade de enriquecer o seu Curriculo Vitae e mellorala empregabilidade, posto que, é un curso que esixen na maioria de empresas e é necesario para traballar.

Os interesados en participar deberán anotarse nos servizos de emprego do Concello ou da Fundación Cultural da Estrada, ou ben chamando aos teléfonos 986570030  extensión  4326 ou 986570997.

Esta entrada fue publicada en Emprego e Formación, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta