Fallo do xurado do III Concurso de Micropoemas e Microrrelatos dos Centros de Ensino da Estrada

xurado 16Xa se coñece o fallo do xurado do III Concurso de micropoemas e microrrelatos dos Centros de Ensino da Estrada. A reunión do mesmo tivo lugar o pasado martes CEIP Pérez Viondi, e na mesma participaron representantes dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros do concello: CEIP Villar Paramá, CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. Sra. de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa, IES nº Un, IES Manuel García Barros e IES Antón Losada Diéguez.

O certame dá continuidade ao proxecto iniciado o curso 2013-14 e convocou a todo o alumnado estradense á realización de micropoemas e microrelatos. Nesta ocasión microrrelatos debían conter a palabra GAIOLA, e os micropoemas a palabra ORBALLO. O proceso de elección tivo lugar no primeiro trimestre deste curso, e no mesmo participou o alumnado e o profesorado dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros. As palabras escollidas debían aparecer nalgún dos títulos das obras do autor ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas, Manuel María.

Neste segundo trimestre procedeuse á recollida de traballos e ao fallo do concurso, mentras que no terceiro trimestre, a finais de maio, terá lugar a entrega de premios e a presentación do libro cos textos gañadores. Para isto contarase, unha vez máis, coa colaboración do Concello da Estrada.

A actividade está organizada polos Equipos de Dinamización Lingüística (DINAMIZAESTRADA) dos centros educativos estradenses arriba citados.

A continución a acta do Xurado:

Reunidos e reunidas as representantes dos Equipos de Dinamización Lingüística dos seguintes Centros educativos: CEIP Villar Paramá, CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. Sra. de Lourdes, CEIP de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa, IES nº Un, IES Manuel García Barros e IES Antón Losada Diéguez.

Acordan facer públicas as seguintes consideracións:

1. O xurado valora moi positivamente o alto grao de participación en todos os centros educativos, e en todas as categorías e modalidades da terceira edición deste certame literario. Foron centos os traballos presentados, sendo necesaria unha preselección por centros, resultando un total de 240 traballos finalistas.

2. O xurado destaca a calidade dos traballos finalistas, en todas as categorías e modalidades, facendo non pouco doada a escolla dos traballos premiados. Tamén se salienta a adecuación de todos os textos ás normas do concurso, tanto na adecuación dos mesmos ao tamaño, 100 palabras para os microrrelatos, e de 2 a 8 versos(categoría A) ou 4 a 8 versos na categoría B e C; como no uso das palabras propostas para as dúas modalidades, ORBALLO para os micropoemas e GAIOLA para os microrrelatos. As palabras citadas foron escollidas polo conxunto dos centros educativos da Estrada, en homenaxe ao escritor Manuel María, a quen se lle adican este ano as Letras Galegas.

3. O xurado valora moi positiva a aproximación literaria dos textos presentados ás palabras propostas, destacando a orixinalidade e calidade dos traballos premiados, que en moitos casos acadan un alto nivel creativo e lingüístico.

4. O xurado considera cumpridos os obxectivos do concurso, en canto á difusión e utilización literaria da nosa lingua, e a súa valoración como feito cultural e identitario a través da creación de textos literarios. Tamén se valora positivamente a utilización do rexistro formal do idioma, sen prexuízo da utilización acaída de rexistros complementarios que contribúen á mellora das creacións literarias premiadas.

5. O xurado valora de xeito relevante a realización dunha actividade que implica a colaboración de todos os centros educativos do Concello da Estrada, durante todo o curso académico, posibilitando a realización dun certame desta entidade, e contribuíndo a un maior aprovemeitamento de recursos e potencialidades.

6. O xurado, os Equipos de Dinamización Lingüística e os Centros Educativos convocantes
comprométense á publicación dun libro que recollerá os traballos gañadores e á entrega de premios nunha data por determinar de finais de maio ou primeiros de xuño. Para estas iniciativas contará coa apoio e colaboración do Concello da Estrada.

7. O xurado, por último, acorda outorgar os seguintes premios nas seguintes modalidades e categorías:

Micropoemas

Categoria A1 (1º e 2º de primaria)

Miriam Renda Durán, CEIP Pérez Viondi
Miguel Anxo Torres Vilariño, CEIP Plurilingüe Oca
Ana Dorelle Ferradáns, CEIP Villar Paramá
Adrián Gómez Barros, CEIP Cabada Vázquez
Mateo Fernández Mosteiro, CEIP O Foxo
Iziar Barcala Iglesias, CEIP Figueiroa
Lola Pose Neira, C. Plurilingüe N. S. de Lourdes

Categoría A2 (3º e 4º de primaria)
Xeila Gómez Naveiro. CEIP Pérez Viondi
Hugo Nebra Iglesias, CEIP Plurilingüe Oca
Rubén Barro, CEIP Villar Paramá
Rosalía Vidueiros Fuentes, CEIP Cabada Vázquez
Uxía Camosa Gañete, CEIP O Foxo
Darío Blanco Ruzo, CEIP Figueiroa
Adrián Castro Riveiro, C. Plurilingüe N. S. de Lourdes

Categoría A3 (5º e 6º de primaria)
Lucía Picaño Lorenzo. CEIP Pérez Viondi
Diego Iglesias Otero, CEIP Plurilingüe Oca
Valeria Palomba Ortega Velasco, CEIP Villar Paramá
Marcos Grela Rozados, CEIP Cabada Vázquez
Xiana Regenjo García, CEIP O Foxo
Damián Pereira Neira. CEIP Figueiroa
Candela Iglesias Tesouro, C. Plurilingüe N. S. de Lourdes

Categoría B1 (1º e 2º ESO)
María Mato Requeijo, C. Plurilingüe N. Sra. De Lourdes
Eva Vaamonde Suárez, IES Número Un
Hugo Barruso Arias, IES García Barros
Yolanda Blanco Sanmartín, IES Antón Losada

Categoría B2 (3º e 4º ESO)
Gábor Pazos Oltai, C. Plurilingüe N. Sra. De Lourdes
Nicolás Luna Puente, IES García Barros
Sergio López Louredo, 4º ESO, IES Antón Losada
Categoría C (Bacharelato e Ciclos)
Román Constenla Fontenla, IES García Barros
Óscar López Iglesias, IES Antón LosadaMicrorrelatos

Categoria A1 (1º e 2º de primaria)
Manuel García Madriñán, CEIP Pérez Viondi
Xián Gestoso Fuentes, CEIP Plurilingüe Oca
Breixo Fernández Picallo, CEIP Villar Paramá
Xoán Zamar Barcala, CEIP Cabada Vázquez
Jorge Sieiro Piso, CEIP O Foxo
Laura Rodríguez Lea, CEIP Figueiroa
Nicolás Moure González, C. Plurilingüe N. S. de Lourdes

Categoría a2 (3º e 4º de primaria)
Natalia Campos Valcárcel, CEIP Pérez Viondi
Xulián Brey Couto, CEIP Plurilingüe Oca
Irene Riveira Castro CEIP Villar Paramá
Soledad Zixía Chedas Ferrín, CEIP Cabada Vázquez
Irene García Casal, CEIP O Foxo
Brais Villar Matos, CEIP Figueiroa
Claudia Varela Lodeiro, C. Plurilingüe N. S. de Lourdes

Categoría a3 (5º e 6º de primaria)
Yanira Vivel Couso, CEIP Pérez Viondi
Antía Golmar Espiño, CEIP Plurilingüe Oca
Adrián Quintela Mareque, CEIP Villar Paramá
Lorenzo Touriño Blanco, CEIP Cabada Vázquez
Martín Villar Fins, CEIP O Foxo
Uxía Porto Rodríguez, CEIP Figueiroa
Daniel Ruibal Balboa, C. Plurilingüe N. S. de Lourdes

Categoría B1 (1º e 2º ESO)
Nerea Mosteiro González, C. Plurilingüe N. Sra. De Lourdes
Victoria Pazos Álvarez, IES Número Un
David Barbeito Rebolo, IES García Barros
Miguel Goldar Gómez, IES Antón Losada

Categoría B2 (3º e 4º ESO)
Manuel Pérez Domínguez, C. Plurilingüe N. Sra. De Lourdes
David Iglesias Pallas, IES Número Un
Ainhoa Vivel Couso, IES García Barros
Eva Coto Gañete, IES Antón Losada

Categoría C (Bacharelato e Ciclos)
Laura López Rey, IES García Barros
Cristina Núñez Sanmartín, IES Antón Losada

Compárteo!

Deja una respuesta