Magariños insta ao alcalde a facer unha auditoría de todos os pararraios dos edificios municipais

IMG-20160410-WA0023O concelleiro do BNG acusa ao grupo de goberno de incompetentes e afirma que “o do domingo foi un aviso, non tentemos a sorte”

“O raio que caeu no concello vai saírnos moi caro a todas as veciñas e veciños, porque estamos gobernados por uns incompetentes”, afirmou o portavoz municipal do BNG, Xosé Magariños.

“Se é certo o que apuntan diversos medios”, indicou Magariños, “de que o pararraios non estaba conectado e o concello non tiña seguro de accidentes contratado, a factura vai a saírnos cara a todos e todas, e menos mal que non houbo danos persoais, porque a cousa sería aínda máis grave”.

O concelleiro nacionalista afirmou que “o alcalde terá que dar as explicacións oportunas, porque xa hai que ser inconsciente de ter un pararraios desenchufado na cúpula do concello poñendo en perigo a integridade física dos traballadores e traballadoras situados a escasos metros por debaixo deste aparato”. “Se no canto de ser domingo”, engadiu o
Magariños, “chega a ser un día laborábel agora mesmo estariamos a falar de cousas máis serias e graves”.

“Instamos ao alcalde a facer unha auditoría de todos pararraios situados en edificios municipais”, afirmou Magariños, “e a esixir a mesma auditoría ás outras administracións públicas, especialmente os colexios e institutos, para velar polo correcto funcionamento destes aparellos e non lamentarnos posteriormente”. “O do domingo foi un aviso, non tentemos a sorte”, engadiu Magariños.

BNG de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta