O PSOE cre que "o alcalde vende o frontón a prezo de saldo e privatiza o deporte do padel na Estrada

psoe 0862 euros ao mes durante 10 dos 20 anos da concesión é o que recadaría o Concello por ceder o pavillón do frontón á entidade privada que se faga coa concesión 

O Concello non debe privatizar o deporte, se non facer xestión pública do mesmo 

O BOP de Pontevedra publicou no día de onte o anuncio de inicio de exposición pública do proxecto e pregos de contratación en relación coa concesión administrativa de uso privativo para a instalación de catro pistas de padel no pavillón do Frontón municipal.

“A privatización da práctica deportiva non debe ser a opción a elixir nun Concello como o noso. Se o que busca o Concello é fomentar a práctica deste deporte debe facelo dende o ámbito público. Sen embargo, se o que busca o alcalde José López é outra cousa, entón non pode empregar para elo as instalacións públicas, creadas e arranxadas con cartos de todos” comentou a portavoz socialista. No referente ao pavillón do frontón a finais de 2015, con fondos de proxectos municipais, realizáronse arranxos por valor de 117.000 euros: reforma da cuberta e mellora da impermeabilización interior das paredes para evitar as filtracións de auga e os problemas de humidade no recinto, así como melloras nos vestiarios.

Agora, os pregos publicados cifran o valor da construción das pistas en preto de 107.000 euros (iva incluído), “unha cantidade que pode asumir perfectamente o Concello con fondos propios, polo que non se xustifica para nada a entrega do frontón a unha empresa para a súa explotación. Ao alcalde non lle importou gastar 170.000 euros en arranxar os vestiarios dun campo de fútbol e agora por moito menos pretende regalar unha infraestrutura pública para que alguén obteña un beneficio privado”

Como compensación para o Concello pola cesión, o alcalde fixa nos pregos un canon anual de 752.89 € durante 10 anos, é dicir, 62 euros mes. A cesión realizaríase por 20 anos, prorrogables por 10 máis, e o Concello entregaría unha infraestrutura reformada recentemente e recadaría a cambio 7.500 euros. “Os estradenses perderemos o uso dunha infraestrutura municipal moi versátil, o acceso á práctica deste deporte na Estrada non sería aberta a todos e a compensación económica que obtería o Concello despois de 20 anos non chegaría nin ao 7 % do que gastou fai 5 meses na reparación de dita instalación”

Ademais, o Concello conta con fórmulas para a xestión das pistas e a prezos máis económicos, o que facilitaría o acceso de veciños e veciñas á práctica deste deporte. Sen ir máis lonxe, o acceso ás pistas do Coto Ferreiro para a práctica de fútbol sala (un deporte de equipo cun total de 10 xogadores empregando as instalacións) ten un custe inferior a 2 euros hora).

É necesario facer un reparto eficiente das instalacións deportivas. O pavillón do Frontón conta coa maior altura interior de todas as instalacións deportivas municipais, o que a dota de gran versatilidade, facilitando ao Concello o seu uso para múltiples actividades, tanto deportivas como non.  Son varias as escolas deportivas que teñen usado este recinto, así como moitos equipos do noso Concello que o empregaban se xeito habitual.

PSdeG PSOE de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta