Grandes Festas en San Xurxo de Vea con música, inchables, sorteos e fogos

cartel san xurxoEste sábado San Xurxo de Vea celebrará as súas festas patronais con música, sorteos, inchable gratuíto para os máis cativos e, como novidade, este ano fogos artificiais.

A festa comezará no lugar de Souto de Vea ás 11:00 horas, onde a charanga Os Atrevidos realizará un pasarrúas polo lugar, onde se poderá tomar o aperitivo nos bares locales «A Parra» e «O Quinteiro».

Ás 12:30 horas a charanga trasladaráse á Igrexa Parroquial onde tocará unhas pezas ata o comezo da misa ás 13:00 horas. A misa será cantada polo coro da parroquia e, se o tempo o permite, haberá procesión acompañada pola mesma charanga.

Ao remate dos actos litúrxicos comezará a sesión vermú no Campo da Festa que está cuberto por unha carpa. Ademais de servizo de bar a cargo de Mambis, haberá un inchable gratuíto para os nenos e nenas e animación musical a cargo da charanga.

Xa pola noite a partir das 21:00 horas os rapaces dispoñeran dun novo inchable gratuíto ata a media noite. Mentres a verbena dará comezo ás 22:00 horas a cargo das orquestras Graffiti e Tango.

Ao final do primeiro pase de cada unha das orquestras realizaranse sorteos entre os asistentes como varias ceas doadas por Bar o Quinteiro de Souto de Vea, Restaurante Samaná de A Estrada e Café Bar a Milagrosa da Picaraña (Padrón), unha profilaxis dental na Clínica Dental Cuntis, unha alineación de dirección nos Talleres Souto de Vea e un xamón pola comisión de festas.

Ademais como novidade este ano ao final do primeiro pase e despois dos primeiros sorteos, sobre ás 23:30 horas, votaranse fogos artificiais.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta