O BNG en contra da fusión Cerdedo e Cotobade

reunio-fusion-1 BNGO pasado xoves vimos de reunirnos os compañeiros e compañeiras do BNG das comarcas de Pontevedra e da Estrada co fin de manter unha xuntanza de traballo na que avaliar o proceso fusión de Cerdedo-Cotobade aberto polos dous alcaldes do Partido Popular.

Este proceso de Fusión non aborda o conxunto dos problemas cos hoxe conta a poboación do rural galego e menos aínda os veciños e veciñas dos concellos de Cerdedo e Cotobade.

Ambos os dous concellos caracterízanse por ter unha poboación moi envelledida e cun cremente vexetarivo negativo, por ter un importante déficit de servizos públicos e unha capacidade económica endeble e, finalmente, por contar cun importante número de persoas desempregadas.

Pero a solución aos problemas demográficos, de desemprego ou de despoboamento é de carácter nacional e non local. Está nas mans naquelas administracións que teñen competencias e ferramentas para facelo, en concreto da Xunta de Galiza e o goberno do Estado. Un goberno este último que mantén, por certo, un sistema de financiamento local que discrimina clara e notoriamente aos concellos galegos, dispersos e envellecidos, ante
o silencio cómplice do PP galego.

foto rolda de prensa-1 BNGPara manter a poboación no rural son básicos unha boa prestación de servizos públicos: sanidade, ensino, servizos sociais,… Garantir estes servizos é competencia da Xunta de Galiza, non dun concello de cinco, seis ou dez mil habitantes.

O BNG aprecia unha clara intención por parte do Partido Popular de trasladarlle o peso do problema aos concellos, fuxindo da propia responsabilidade que ten a administración galega. Isto chámase deixación de funcións por parte do Partido Popular.

En conclusión, o BNG das comarcas de Pontevedra e da Estrada manifestámonos radicalmente en contra da Fusión Cerdedo-Cotobade ao entender que os
argumentos dos  lcaldes do PP caen polo seu propio peso e responden máis ben aos intereses e a amizade que públicamente declaran os señores Cubela e Balseiros, e anuncia que presentará alegacións contra esta fusión.

BNG de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta