Labores, antigüídades e artesanía, danse cita no Recinto Feiral Estradense

13177087_1057789857647547_8760330040344757920_n• Onte, ás dez da mañan,o recinto feiral estradense abría as suas portas ao público cunha nova edición da Feria de Labores, Antigüidades e Artesanía.

• Para a xornada de hoxe, o número de Asociacións e Agrupacións participantes no encontro de palilleiras, supera a vintena. Mais dun centenar e medio de palilleiras de toda Galicia, daranse cita no recinto feiral.

• A doble mostra, presenta un total de cincuenta firmas expositoras directas.

• Na xornada vespertina do domingo procederáse ao sorteo de lotes promocionais entre as participantes ao encontro de palilleiras. Acto seguido, terá lugar un desfile de tocados por xentileza da firma local “El Taller de Tus Labores”.

• Malla, frivolité, pasamanería ou bordado ao aer, fiado tradicional e autoestima, serán os obradoiros que se impartirán dentro do recinto feiral.

O recinto feiral estradense, abría na xornada do sábado a súa tradicional 5ª Feira de Labores conxuntamente coa 50ª Feira de Antigüidades e Artesanía. Si ben a xornada da mañan foi relaxada, a maior afluencia de visitantes tivo lugar á media tarde.

Os visitantes poden recrearse cunha mostra doble, na que participan medio centenar de firmas, procedentes maioritariamente da nosa Comunidad Autónoma. Mais de 4.000 m2 de espazo expositivo cun amplo elenco de productos que cautivan ao visitante. As antigüidades e as labores, están a ser os sectores estrela, segundo se desprende das enquisas realizadas polo equipo organizativo.

13095757_1057789964314203_3380787055377712579_nNo referente ao 4º Encontro de palilleiras, están inscritas mais dun centenar e medio de palilleiras, chegadas de Galicia pero fundamentalmente das provincias de Pontevedra e A Coruña, destacando sobemaneira, as Asociacións de Mulleres Rurais locais de Codeseda, Arca, Matalobos, Nigoi, San Xurxo de Vea e San Miguel de Castro. Estas Asociacións, secundaron a mostra coa súa presenza no Encontro e igualmente, expuxeron os seus productos artesanais, nun espazo habilitado a tal efecto.

As cinco da tarde, o equipo organizativo, procederá ao sorteo gatuíto de mais de medio centenar de lotes promocionais entre as participantes no encontró de palilleiras. Os lotes, están patrocinados por Institucións públicas e empresas privadas do sector textil: Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Pontevedra, Concello da Estrada, Axencia Galega de Turismo, Fundación Centro Galego da Artesanía e o Deseño, Coats & Clark, Gütermann, S.A.U.,Creaciones y Distribuciones Textiles Texper, S.L., Salvador Figueras, S.A., Manos Maravillosas, Compañía Sales Work Ibérica, S.L., Alternativas Publicitarias, S.L., Peña Sociedad Textil, S.A., DMC Ibérica e Metalúrgica Folch.

Unha vez remate este sorteo, a firma local “El Taller de Tus Labores”, levará a cabo un desfile de tocados, presentando as novidades para esta primaveira-veran.

Ao longo da fin de semana, tiveron lugar un total de cinco obradoiros abertos ao público: Malla, Fivolité, Pasamanería ou bordado ao aer, fiado tradicional e autoestima. Os dous 13164446_1057790444314155_6821555741544463350_nprimeiros obradoiros realízanse no estand de “El Taller de Tus Labores”, o terceiro no stand de “Dora Cambados”, o de fiado tradicional no espazo expositivo da “Asociación Cabanas Rural” e o último dos obradoiros, levaráse a cabo nun espazo reservado do pavillón cinco e será impartido pola psicóloga Lara Fuentes Enjamio.

Ás oito da tarde do domingo, clausuraráse esta mostra, será entón cando haxa que agardar á celebración da 30ª Edición da Feira do Moble de Galicia, certame no que, o equipo da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada xa se atopa traballando activamente.

Fundación de Exposicións e Congresos

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta