A Fervenza de Ouzande inicia o programa “Imos andar” coa Ruta das Letras

RUTA DAS LETRAS 2016 contXI RUTA DAS LETRAS: O Día das Letras Galegas ANDAMOS E FALAMOS.

A Fervenza de Ouzande inicia o programa “Imos andar”, coa Ruta das Letras que chega á súa undécima edición. Nesta ocasión realizaremos a «Ruta do río Gallo».

Será o Martes 17 de maio, con saída ás 9:30 da mañá e regreso ás 13:30 (Igrexa de Ouzande) **Ao final do roteiro, todas as persoas participantes serán agasalladas cun libro en galego en conmemoración do Día das Letras.

A Asociación agradece a colaboración do Concello da Estrada nesta actividade.

A seguir achéganse todos os datos da mesma e infórmase que a actividade só se suspenderá en caso de que as condicións climatólóxicas impidan completamente o desenvolvemento da mesma.

Datos:

Saída: 9:30 da mañá.
Chegada: 13:30
Lugar: Igrexa de Ouzande
Dificuldade media baixa.
Distancia: 12 km
Recoméndase levar un bo calzado de ruta, así como roupa apropiada para a chuvia, e atender ás previsións meteorolóxicas.

Puntos de Interese

– Fonte do Redondo.* Perto da saída atravesaremos o fermoso contorno da Fonte do Redondo, en Ouzande, onde a auga abrolla directamente desde o chan.

– Montes de Ouzande. O percorrido inclúe na súa primeira parte camiños a través dos montes da parroquia, onde se combinan masas de árbores autóctonas, de extraordinaria beleza, con outras de coníferas e foráneas.

-Castro de Arcos. Rodearemos este fermoso promontorio no noso percorrido.

-Montes de Arcos. Percorreremos parte dos frondosos bosques dos Montes de Arcos, con masas arbóreas autóctonas de carballos, castiñeiros e acivros.

-Río Gallo. Atravesaremos o Río Gallo, perto do seu nacemento, moi próximo ao límite da parroquia de Ouzande, A Somoza e Arcos. Paraxe fermosa con numerosos saltos, estanques e flora típica de ribeira.

-Aldea de Ferreiros. Pertence ao concello de Cuntis, aínda que historicamente sempre existiu unha grande relación entre os seus habitantes e os veciños de Ouzande.

Esta entrada fue publicada en Asociacións, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta