A Estrada acollerá este sábado o II Open de Pesca a Mosca sen morte

2016-05-25 13.30.17Este sábado celebrarase a segunda edición do Open de Pesca a Mosca de A Estrada que organiza o club Gallaecia.

O Open contará co máximo de participantes que se permitían, 24 pescadores, entre os que se atopan deportistas importantes nesta modalidade. Destaca a participación do campeón galego de Mosca, Manuel Socastro, de Teo, e o bicampeón mundial, David Arcay, de A Coruña. A metade da participación será local ademais de pescadores de Silleda, Narón, Vedra, Negreira, Monforte, Vigo, A Coruña…

Presentaron a competición Marcos Bergueiro, secretario do Club Gallaecia, e Ismael Pena, concelleiro de deportes.

 

Compárteo!

Deja una respuesta