Hoxe preséntase o libro – dvd "Peregrinaxes, viaxando con Manuel María"

Presentación dvd Manuel Maria CARTELDentro das actividades do mes das letras galegas a Asociación Cultural “Vagalumes” da Estrada continúa coa súa homenaxe ao escritor a quen se lle dedica este ano esta conmemoración.

O venres 27 preséntase o libro-dvd “Peregrinaxes, viaxando con Manuel María” coa proxección deste vídeo e o realizado durante o acto que tivo lugar o 7 de maio pola nosa vila no que se recitou a Manuel María en diferentes espazos comerciais e de encontro da Estrada.

O acto celebrarase ás 21:00 na sala de exposicións de Abanca.

O vídeo “Peregrinaxes, viaxando con Manuel María” é un proxecto do escritor Lois Diéguez, compañeiro de viaxe e de militancia poética do escritor da Terra Chá. A través desta proxección teremos ocasión de ilustrar os poemas que Manuel María ten dedicado a lugares emblemáticos da súa identidade tanto desde o punto de vista das raíces vitais e culturais das que provén como das experiencias que lle achegou os diferentes lugares que visitou.

Asociación Cultural Vagalumes da Estrada

Compárteo!

Deja un comentario