O pasado mércores deu comezo o Obradoiro de Busca de Emprego a través das redes sociais

inauguracon oradoiro 2O pasado mércores, Oscar Durán Concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Industria, inaugurou o OBRADOIRO DE BUSCA DE EMPREGO A TRAVÉS REDES SOCIAIS, no cal están a participar un total de 17 persoas en situación de desemprego e o que se nos quedou pequeno debido a elevada demanda que tivemos de persoas que querían particiar.

O Obradoiro, subvencionado íntegramente polo Concello da Estrada, terá nha duración de 20 horas lectivas e abordará de xeito integral o proceso da busca de traballo, dende a correcta elaboración dun curriculum e a carta de presentación ata a creación da marca persoal e o desenvolvemento a través dos portais de emprego como ferramenta clave actualmente para acadar a inserción laboral. Alén disto, prestará unha especial atención ao fomento do autoemprego como alternativa ao desemprego e como oportunidade laboral.

Este Obradoiro ten unha importante novidade e é que se realiza en colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, dado que no mesmo participan dúas persoas con esta discapacidade, veciñas de A Estrada. A formación é totalmente accesible gracias á presencia do Intérprete de Lingua de Signos facilitado pola FAXPG coa financiación da Fundación ONCE.

Óscar Durán, en nome do Concello manifestoulles á propia Federación o total compromiso do Concello da Estrada para impulsar máis actividades como esta en pro da inserción laboral de todas aquelas persoas que teñen máis dificultades para acadala.

O curso é impartido por tres Licencias en Dereito; Verónica González Borrajos, unha das docentes, e veciña da Estrada destacou a importancia deste tipo de formación sobre todo enfocada a colectivos que quizáis pola súa idade ou por falta de práctica no manexo das novas tecnoloxías poden ver complicado o seu proceso de busca de traballo; con nocións básicas e pautas sinxelas, calquera persoa independentemente dos seus coñecementos pode acabar manexándose con fluidez a través dos portais de emprego, apuntou.

Debido ao éxito de convocatoria, o Concello voltará a convocar unha nova edición deste.

Curso dentro das medidas en pro do emprego e a formación impulsadas dende a Concellería de Pormoción Económica.

AEDL Concello de A Estrada

Compárteo!

Deja un comentario