A Xunta espera a cesión dos terrenos para rematar a redacción do proxecto do novo Centro de Saúde

02 marcaEste venres representantes do Concello e Xunta de Galicia encabezados polo alcalde, José López, e o Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, visitaron o persoal e instalacións do Centro de Saúde de A Estrada.

Membros do persoal aproveitaron a visita para trasladarlle ao Conselleiro as deficiencias do ambulatorio, desperfectos no equipamento, falta de espazo, problemas de accesibilidade para persoas con mobilidade reducida ou o limitado ascensor, entre outras.

Tras a visita López destacou o equipo humano que forma parte tanto do ambulatorio como dos 3 centros periféricos, recentemente galardoados o igual que en repetidas ocasións nos últimos anos.

O Conselleiro recoñeceu os problemas estruturais do Centro e a urxencia dun novo edificio adecuado as necesidades actuais tanto sanitarias como con accesos axeitados e aparcamento propio. Jesús Vázquez anunciou que xa estaban a traballar no proxecto do novo Centro e urxiu ao alcalde a solucionar canto antes a cesión dun solar axeitado, para poder redactar o proxecto este ano e comezar a construción en 2017.

En canto ao orzamento, o Conselleiro, comunicou que tiñan que esperar a ter o proxecto para saber unha cifra, pero que o mais posible é que o abordaran en dúas partidas en 2017 e 2018, esperando deixar o novo ambulatorio funcionando a finais do 2018.

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta